COMUNICADO DA SOCIEDADE DEPORTIVA COMPOSTELA

13 de Decembro de 2022

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022

A Xunta Directiva da Sociedade Deportiva Compostela quere informar a todos os seus abonados, en particular, e a todos os seus seguidores, en xeral, que na reunión celebrada o pasado 29 de novembro aprobou, por unanimidade, aceptar a proposta de admisión duns novos socios de número. Os membros da Xunta Directiva, que tamén posúen a condición de socio, sete neste caso, serán os avalistas destes novos, atendendo ao regulado polos estatutos.

A solicitude destas persoas continúa co trámite ordinario disposto nos estatutos do club e debe ser ratificada pola Asemblea Xeral, que se reunirá o próximo día 21 de decembro para aprobar a mesma e posibilitar que os novos socios poidan tomar posesión canto antes.

Queremos tamén trasladar que dita solicitude ía acompañada por unha carta de compromiso que poñía encima da mesa unha serie de medidas que aseguran a viabilidade económica, social e deportiva do club a medio e longo prazo. Dita carta de compromiso será desenvolta a través dun acordo, que os membros da Xunta Directiva asinarán proximamente cos promotores deste proxecto.

A Xunta Directiva quere tamén adiantar que as 5 persoas que encabezan este proxecto son Borja Iglesias Quintás, Esteban Granero Molina, Antonio Agrasar Cascallar, Ignacio Calles González e Juan Carlos de Andrés Carrero, persoas sobradamente coñecidas nalgún caso e, todas elas, cunha solvente traxectoria profesional.

A Xunta Directiva quere compartir con todos os seus afeccionados esta transcendente información e pedir tranquilidade e serenidade para os próximos meses, que serán de transición, para afrontar con toda a ilusión e optimismo os próximos anos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.