Últimos días para inscribirse nos Campus de Nadal: ata o 21 de decembro

14 de Decembro de 2022
Segundo Rey e Pablo Antas Presentando o Campus de Santiago
  • Levaranse a cabo do 26 ao 30 de decembro en dúas sedes, Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal
  • As inscricións pódense realizar na web ou na ligazón https://bit.ly/CampusNadalCompos22

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022

A Fundación SD Compostela organiza, un ano máis, os seus tradicionais Campus de Nadal, que, pecharán as inscricións a próxima semana. O 21 de decembro é a data límite para anotarse en calquera das dúas sedes, Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal, nas que se desenvolverá a actividade.

Como noutras ocasións, as sesións realizaranse, do 26 ao 30 de decembro, en horario matinal e para nenos e nenas de 6 a 14 anos, contando co patrocinio de Segundo Rey e Rede Aberta, respectivamente. No caso da capital galega, o Campus terá lugar no Pavillón do Colexio Santiago Apóstol.

Desta maneira, o club busca incrementar a súa oferta de actividades durante o período do Nadal, co obxectivo, por unha banda, de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas tan sinaladas, así como para que os pequenos poidan seguir coa práctica futbolística durante as súas vacacións escolares.

Tralo éxito de pasadas edicións, espérase que decenas de nenos e nenas poidan volver gozar das propostas dos adestradores, nun ambiente lúdico, festivo e de moita diversión. Por iso, as inscricións xa están abertas na propia web da SD Compostela – www.sdcompostela.com – (páxina de inicio) ou na ligazón https://bit.ly/CampusNadalCompos22.

Para calquera consulta ou dúbida, están dispoñibles o teléfono 626 063 705 (Manu Otero) ou o correo electrónico academia@sdcompostela.com.

Os prezos para a semana serán os seguintes: Xeral, 140€; abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; xogadores do Compos, dos clubs organizadores ou clubs conveniados, 90€; e irmáns de rexistrados, 70€.

As prazas serán limitadas, polo que se anima a realizar a inscrición canto antes, para garantir a presenza nalgunha das dúas sedes.

Ademais, cabe destacar, que a iniciativa levada a cabo na Pobra do Caramiñal xorde do novo convenio de colaboración asinado entre a Canteira Picheleira e o Puebla FC. Nesta liña, forman parte desta rede de convenios, podendo aproveitarse das vantaxes aplicadas, once equipos: CD Conxo, Victoria FC, Amio SD, Milladoiro SD, SD Escravitude, UD Bastavales, SD Urdilde, SD O Pino, AD Nicrariense, Puebla FC e Dumbría CF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍 Xornada de convivencia dos nosos na Senda do PoolUnha vez máis, queremos agradecer ao noso establecemento colaborador por acollernos no seu localCollemos impulso para unha tempada ilusionante! 🚀 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A SD Compostela realizou esta mañá unha ofrenda ao Apóstolo SantiagoNa Catedral, recibiunos o seu deán, Manuel Jesús Formoso, quen desexou moita sorte ao equipo para esta Tempada 26/27 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 1🩵🤍 O técnico valorou a pretempada, o inicio da Liga e a importancia de conectar coa afección desde o comezo👉 A rolda de presa tivo lugar no Restaurante San Jaime, patrocinador do club ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📸🩵🤍 ROQUE, TEOFILOVIC E IAGO DOMÍNGUEZ SON XA BRANQUIAZUIS!✅ Os tres están preparados para o comezo da Liga! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Roque, Iago Domínguez e Teofilovic🩵🤍 As tres últimas fichaxes do Compos foron presentadas no Restaurante La Planta, novo patrocinador do club👉 Acompañounos José Antonio Vilaseco, propietario do establecemento compostelán ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.