Últimos días para inscribirse nos Campus de Nadal: ata o 21 de decembro

14 de Decembro de 2022
Segundo Rey e Pablo Antas Presentando o Campus de Santiago
  • Levaranse a cabo do 26 ao 30 de decembro en dúas sedes, Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal
  • As inscricións pódense realizar na web ou na ligazón https://bit.ly/CampusNadalCompos22

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022

A Fundación SD Compostela organiza, un ano máis, os seus tradicionais Campus de Nadal, que, pecharán as inscricións a próxima semana. O 21 de decembro é a data límite para anotarse en calquera das dúas sedes, Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal, nas que se desenvolverá a actividade.

Como noutras ocasións, as sesións realizaranse, do 26 ao 30 de decembro, en horario matinal e para nenos e nenas de 6 a 14 anos, contando co patrocinio de Segundo Rey e Rede Aberta, respectivamente. No caso da capital galega, o Campus terá lugar no Pavillón do Colexio Santiago Apóstol.

Desta maneira, o club busca incrementar a súa oferta de actividades durante o período do Nadal, co obxectivo, por unha banda, de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral nestas datas tan sinaladas, así como para que os pequenos poidan seguir coa práctica futbolística durante as súas vacacións escolares.

Tralo éxito de pasadas edicións, espérase que decenas de nenos e nenas poidan volver gozar das propostas dos adestradores, nun ambiente lúdico, festivo e de moita diversión. Por iso, as inscricións xa están abertas na propia web da SD Compostela – www.sdcompostela.com – (páxina de inicio) ou na ligazón https://bit.ly/CampusNadalCompos22.

Para calquera consulta ou dúbida, están dispoñibles o teléfono 626 063 705 (Manu Otero) ou o correo electrónico academia@sdcompostela.com.

Os prezos para a semana serán os seguintes: Xeral, 140€; abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; xogadores do Compos, dos clubs organizadores ou clubs conveniados, 90€; e irmáns de rexistrados, 70€.

As prazas serán limitadas, polo que se anima a realizar a inscrición canto antes, para garantir a presenza nalgunha das dúas sedes.

Ademais, cabe destacar, que a iniciativa levada a cabo na Pobra do Caramiñal xorde do novo convenio de colaboración asinado entre a Canteira Picheleira e o Puebla FC. Nesta liña, forman parte desta rede de convenios, podendo aproveitarse das vantaxes aplicadas, once equipos: CD Conxo, Victoria FC, Amio SD, Milladoiro SD, SD Escravitude, UD Bastavales, SD Urdilde, SD O Pino, AD Nicrariense, Puebla FC e Dumbría CF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 David Rosón reforza a medular da SD Compostela🤝 O mediocentro lucense chega do CD Lugo e firma ata final de tempada, con opción a outra máis𝐃𝐚𝐯𝐢𝐝 𝐑𝐨𝐬𝐨𝐧 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/13/david-roson-fichaxe-compos/#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚 Porrúa e o Compos separan os seus camiñosMoitas grazas polo teu traballo e esforzo e moita sorte para o futuro, Pablo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos desfrutan hoxe da xornada de descanso, para comezar a preparar desde mañá o último encontro da primeira volta🏟️ Cinco sesións para buscar o triunfo na estrea na nosa casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 O Compos iniciou o 2026 da mellor maneira: nova vitoria para seguir invictos e nova portería a cero👉 sdcompostela.com/gl/2026/01/11/dobrete-anton-guisande-0-2-2026/📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALClub Deportivo Estradense 0️⃣- 2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeA MELLOR MANEIRA DE COMEZAR O 2026! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍Cuarta vitoria seguida e de novo coa portería a cero 💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.