Jaime Santos: “Esta fin de semana estarei para o que o míster necesite”

2 de Febreiro de 2023
Miguel Fernández, Juan Francisco Vázquez, Jaime Santos e Ramón Castro
Juan Francisco Vázquez e Jaime Santos
  • A nova fichaxe da SD Compostela foi presentado en Ferrecal, o seu patrocinador oficial

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2023

Jaime Santos foi presentado esta tarde como novo xogador da SD Compostela. O mediocentro ovetense, que está a desexar poder debutar co equipo este domingo, realizou as súas primeiras declaracións como futbolista branquiazul na sede de Ferrecal, empresa compostelá que dá un paso máis no seu apoio ao proxecto, patrocinando á fichaxe de inverno do club.

Adaptación ao equipo. En canto á adaptación, creo que está a ser bastante rápida, porque hai un grupo espectacular, fancho fácil no día a día e a posta a punto é ir collendo a forma. Levaba uns meses sen competir e iso nótase, pero creo que a fin de semana estarei dispoñible para o que o míster necesite de min. A ver se se poden sacar os tres puntos, que é o importante.

Fichaxe polo Compos. Pode soar a tópico, todo o mundo di o mesmo, pero neste caso é unha realidade. Cando che chama o Compostela, por moito que non estea no seu mellor momento en canto a historia, precisamente por ese pasado e polo que significa para a cidade e o fútbol español, creo que é un club e un proxecto importante, polo que houbo poucas dúbidas, foi entenderse rápido e aquí estou.

Achega ao plantel. Pódolle achegar compromiso. Son un xogador de equipo, ao que lle gusta que sexa todo en conxunto, non son nada individualista. En todo caso, polas miñas características, son un xogador que podo achegar no último terzo, con moita asociación, moito último pase, con capacidade para chegar desde atrás e anotar os máximos goles posibles. En todo caso, son máis de traballo colectivo que algo individual.

Posición no rombo. É un sistema novo para min. Segundo o que estou a ver, a miña posición ideal sería no pico do rombo, pero podo xogar nos costados e mesmo de dobre dianteiro, xunto a un compañeiro. Unha das miñas características é que son versátil, pódome adaptar ao que me pidan. Non son exquisito, pero quizais onde máis cómodo estea é no pico do rombo.

Contacto con Fabiano. Pídeme traballar, adaptarse, está moi próximo comigo, pregúntame todos os días se estou ben. Nese sentido, non tivo moitas palabras comigo, porque se centra nos xogadores dispoñibles, pero está pendente de min e agradézollo.

Equipo para o ascenso. Esa é a idea. Cando me decanto por este proxecto é precisamente porque o Compostela viña facendo unha tempada boa, bastante digna e o obxectivo é claro: devolver ao club, neste caso, a Primeira RFEF, que é unha categoría importante. Hai equipo e material para conseguilo.

 

SD Compostela e Ferrecal.

A posta de longo de Jaime Santos tivo lugar nas instalacións da compañía compostelá, no Polígono do Tambre, onde o novo xogador da SD Compostela presentouse ante os medios de comunicación. Acompañándoo estivo o xerente da empresa, quen lle desexou moita sorte para o que queda de tempada.

“Desde Ferrecal estamos moi contentos de anunciar o noso acordo de patrocinio coa SD Compostela e, máis concretamente, coa recente fichaxe de Jaime Santos. Desde que naceu a nosa empresa, estivemos vinculados ao deporte, por iso é tan importante para nós seguir apoiando a un club como o Compos. Quero finalizar desexándolle ao equipo moita sorte no partido deste domingo e no resto da tempada”, destacou Juan Francisco Vázquez, xerente-administrador de Ferrecal.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0
  • COMPOSTELA- 0 BERGANTIÑOS- 0

Instagram Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🍍 𝐓𝐎𝐃𝐎𝐒 𝐗𝐔𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐏𝐎𝐃𝐄𝐌𝐎𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐄𝐆𝐔𝐈𝐋𝐎!!!💙 𝐄𝐒𝐓𝐄 𝐃𝐎𝐌𝐈𝐍𝐆𝐎, 𝐀 𝐏𝐎𝐋𝐎𝐒 𝟑 𝐏𝐔𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐍𝐎 𝐃𝐄𝐑𝐁𝐈!!!🤗 Vén apoiar aos nosos!!! A venta de entradas adicionais vai moi ben!!! Agardámoste dende ás 13.00 na Fan Zone!!!#composarenteiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📲 𝐑𝐄𝐃𝐄𝐒 𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐈𝐒👉 Participa en 𝐈𝐍𝐒𝐓𝐀𝐆𝐑𝐀𝐌 na #JugadaCincoEstrellas e entra no sorteo dun LOTE de PRODUTOS de Fútbol Mahou!!🗳️ Elixe entre a parada de 𝐁𝐨𝐫𝐣𝐚 𝐑𝐞𝐲, o gol de 𝐂𝐚𝐧𝐨 ou a ocasión de 𝐉𝐚𝐢𝐦𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐨𝐬!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝙓𝙊𝙍𝙉𝘼𝘿𝘼 28🙌 UNHA NOVA FINAL NA NOSA CASA!!! NECESITAREMOS TODO O APOIO PARA SUPERAR AO LÍDER!!!⚽️ 🆚 Club Deportivo Arenteiro 🗓️ Domingo 2⌚️ 16.45 horas🏟️ Vero Boquete⛽️ 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚𝐝𝐨 por Grupo Ulla #composarenteiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.