A SD Compostela lanza a súa nova web oficial da man de Inforhouse

9 de Febreiro de 2023
Inforhouse e SD Compostela
Nova WEb SD Compostela 1
  • Moderna, actualizada e co obxectivo de primar os eventos e actividades do club
  • Mención especial para a Tenda Online, cun apartado moi destacado

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023

A SD Compostela ten nova web corporativa. Co obxectivo de renovar a súa identidade, buscando unha imaxe máis fresca, actualizada e moderna, o club publica a súa nova páxina oficial. Trátase da culminación a un proxecto de meses, levado a cabo xunto ao noso patrocinador Inforhouse, para sacar á luz esta nova casa para os afeccionados branquiazuis.

Ademais do renovado aspecto que presenta a web, búscase darlle maior protagonismo á Tenda Online, dentro do obxectivo do club de incrementar as vendas a través da web.

Así mesmo, os eventos e actividades realizados polo Compos terán un papel destacado, para facilitar o acceso e a inscrición aos seguidores, todo iso sen perder a súa vocación de información, achegando a actualidade do primeiro equipo e das categorías inferiores.

A maiores, dadas as características desta nova páxina, iranse introducindo novidades durante os próximos meses, buscando achegar unha maior presenza aos abonados do club, en xeral, e aos peñistas, en particular.

En canto ao deseño, na Páxina de Inicio estarán os contidos máis destacados, situados no slide superior. A continuación, aparecerá o resultado e crónica do último partido, o calendario futuro do equipo, as últimas noticias, a Tenda Oficial, unha pequena recensión da historia do club e un apartado para as diferentes iniciativas que están en marcha.

Pola súa banda, no panel superior, dividiranse as distintas seccións: Club (Historia, Organigrama e Instalacións), Primeiro Equipo (Plantel, Plan de Traballo, Corpo Técnico, Resultados e Parte Médico), Canteira (Todos os Equipos e a Compostec), Noticias (Primeiro Equipo, Club e Canteira), Abonados (Acceso á Campaña), Patrocinadores (Principais, Oficiais e Empresas Colaboradoras) e Tenda Online.

“Queremos agradecer a Inforhouse o seu traballo e apoio dende xa hai un ano. Grazas a eles puidemos crear unha nova tenda online sinxela, atractiva e funcional, que nos axudou a incrementar as ventas. Ademais, iniciamos unha modernización do club que agora da outra paso coa nova web. Esta web axuda a mellorar a imaxe do noso club e dos nosos colaboradores, así como a darlle maior visibilidade as, cada día máis numerosas, accións tanto deportivas como sociais que leva a cabo o club. A nova web só acaba de nacer e irá mellorando e ampliando o seu contido da man do noso colaborador Inforhouse”, explicou o director de Márketing da SD Compostela, Miguel Fernández.

“Para Inforhouse é unha honra colaborar co club da cidade no seu obxectivo de renovar a súa imaxe na rede. Esperamos que o novo deseño da web sexa do agrado dos afeccionados branquiazuis e que teñan un mellor e máis sinxelo acceso aos contidos do club”, concluíu Blanca Iglesias, responsable de Márketing de Inforhouse.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 CORUXO F.C. 🏟️ O Vao🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores ata 14 anos📺 En Xogo 🙌 Todos xuntos, para saír adiante! 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.