Fabiano: “Temos que entrar forte, igualar a súa intensidade, porque así temos moitas posibilidades”

10 de Febreiro de 2023
  • O Compos buscará contra o Langreo a segunda vitoria consecutiva en Liga

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023

Tras sumar a primeira vitoria da segunda volta na casa, o Compos quere volver iniciar unha xeira positiva de resultados, ao estilo do final da primeira volta, para seguir pelexando polos primeiros postos da táboa. Os nosos mídense mañá ao Langreo, único equipo que os superou no Vero Boquete, coa premisa de sumar de novo os tres puntos. Para o partido, Fabiano espera que o equipo salga metido desde o inicio, porque o considera primordial para conseguir o triunfo.

Estado do plantel. Recuperamos a Darío, adestrou onte e hoxe sen problema, polo que irá ao partido. Allyson aínda ten molestias. Os demais, adestraron ben. Jaime está cada día mellor. Por iso, salvo Allyson, temos a todos. Non temos ningunha sanción, recuperamos a Darío, polo que iremos coa forza máxima cara alá.

Saír con todo. Xogando contra o Compos, un equipo grande da categoría, todo o mundo quere gañarche. Sabendo que no seu campo apertan, que a súa afección tamén o fai, temos que saír como o outro día. Levabamos dous partidos que non estabamos a entrar ben ao partido, pero despois ben, mentres que o domingo pasado entramos ben e foi perfecto. É o que temos que facer. Temos que entrar forte, igualar a súa intensidade, porque así temos moitas posibilidades. Iso é o que quero.

O Langreo. Respecto á primeira volta, teñen outra maneira de iniciar o xogo e outro adestrador. Nós tamén temos outro modelo de xogo, outros xogadores tamén, porque a maioría do partido que xogaron aquí non xogarán mañá. É un partido novo, sabemos dos problemas que nos poden xerar, pero estou confiado de que se entramos forte e ben, podemos ter moitas posibilidades. É un equipo forte, pero tamén teñen algunhas debilidades que tentaremos explotar.

O Novo Ganzábal. É un campo xa antigo, que bota moito o balón, complicado. Temos que adaptarnos canto antes. Onte adestramos en artificial, pero nun novo, que é outro cantar. Non hai escusa, hai que entrar forte, adaptarnos rápido ao partido e tentar propoñer o xogo para conseguir a vitoria.

Solidez do bloque. A xente que está a entrar ten a miña confianza. A pesar de non xogar todos os partidos, son bos xogadores e están adaptados ao sistema. O domingo pasado, dous xogadores de gran importancia para nós, como Antas e Darío, non xogaron e o equipo funcionou ben. Cada día estou máis contento, porque a xente está metida na dinámica do equipo e xogando ou non xogando, todos están a dar o callo, o que é de agradecer.

Jaime Santos. Jaime, loxicamente, non está ao 100%, pero xa está bastante mellor que a semana pasada. Adestrou moi ben, moi adaptado aos seus novos compañeiros e estou contento. Pode ter minutos e oxalá demostre a súa valía.

Un equipo para saír adiante. O importante é que o equipo está adaptado ao sistema, cada día que pasa temos máis seguridade, polo que estou contento. Tan só quería algunha solución, para algunhas posicións, que ás veces non temos porque estamos carentes nelas, pero non pasa nada. Cun ou outro, improvisando, sairemos adiante e estou contento. Non hai que chorar o que non veu, senón fortalecer aos que estamos.

Aplicarse individualmente polo ben do equipo. Ao Compostela téñenlle que doer as derrotas, loxicamente. Pero acórdome que na primeira volta xogamos con Matos, que é xuvenil, Elliot lesionouse ao comezo, non estaba Antas nin outros xogadores importantes. Por tanto, son novos xogadores, novo sistema e non hai desquites. Se miras por desquites, acabas estragando o partido que tes que facer. Tes que estar ordenado, intenso e cada un sabendo o que ten que facer no campo para que as cousas funcionen, individualmente e como equipo. Imos pensando en cada un facer o seu para que o equipo funcione e conseguir a vitoria.

Loita polo primeiro posto. Confío no meu equipo e mentres haxa puntos, traballaremos para conseguir buscar a primeira posición. Despois, se non é posible, non pasa nada. O que si sei é que imos traballar cada día para mirar cara arriba e non cara abaixo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Estamos no primeiro tramo da Campaña de Abonos 26/27 “O Camiño do Norte”, exclusivo para RENOVACIÓNS👉 RECORDA, co teu abono, entras gratis este sábado ás 20:00h ao amigable contra o DéporNa Oficina, na tenda ou en liña🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com+ℹ️ sdcompostela.com/gl/abonados-2/abonos-sd-compostela-26-27-gal/🗓️ Este primeiro tramo, no que se renova tamén o asento, está aberto ata o 27 de xullo#OCamiñodoNorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas xa vendidas para o amigable do sábado contra o Real Club Deportivo de La Coruña 🏟️ Faite coas últimas localidades de Preferencia antes de que se esgoten!!! Despois, habilitarase Fondo Norte🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🩵🤍 Recorda que os Abonados 26/27 teñen a entrada gratuíta co seu abono 📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀🔜 Con Carlos de Lerma á fronte, iniciaremos os adestramentos este mércores 15 de xullo⚽️ 8⃣ semanas de preparación nas que disputaremos entre 6 e 8 amigables🏟️ O primeiro, este sábado 18, ás 20:00h, contra o Real Club Deportivo de La Coruña no Vero Boquete#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Samu, unha lenda do Compos, despídese do verde de San Lázaro©️ O noso capitán, tras 🔟 tempadas e 274 partidos oficiais defendendo con honra a nosa camiseta, pasará aos despachos para formar parte da secretaría técnica do clubEres xa unha parte do noso escudo! Estaremos eternamente agradecidos!𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘚𝘢𝘮𝘶! 𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘊𝘰𝘮𝘱𝘰𝘴!ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/12/despedida-compos-lenda-samu/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Unai Peón seguirá crecendo co Compos na #SegundaFederación⚽️ Aos seus 22 anos, o talentoso mediocentro, que chegou no pasado mercado invernal, dará un paso máis na súa carreira ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/11/unai-peon-compos-26-27/📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.