Vitoria contundente nun partido extraordinario do Compos

11 de Febreiro de 2023
Celebración Equipo Vitoria vs Langreo Web
Celebración gol SD Compostela en Langreo.
Álvaro Casas conduce un balón.
Riki Mangana en Langreo.
Riki Mangana.
  • Outro dobrete de Mario Rodríguez e a estrea con gol de Jaime Santos permitiron o triunfo branquiazul en Langreo

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2023

A SD Compostela volveu mostrar a súa mellor cara. Un partido moi sólido, cun traballo coral, sen sufrir atrás e demoledor en ataque. Así se resume a vitoria branquiazul en Langreo. Un 0-3 máis que merecido, nunha demostración de liderado do Compos nun dos campos máis complicados da categoría.

Para selar os tres puntos, de novo apareceu Mario Rodríguez, coa súa maxia, para anotar outro dobrete, ambos goles con senllos desmarques ao espazo. O primeiro, no 12, marcando con clase, e o segundo, no 48, definindo abaixo e colocado. Mentres tanto, xa no desconto, o debutante Jaime Santos pechou a contenda cun lanzamento sensacional á escuadra.

Tras lograr a primeira vitoria da segunda volta no derbi contra o Ourense, o Compos quería prolongar as boas sensacións noutra saída a terras asturianas. Mentalizados da dificultade do reto no enfrontamento contra o Langreo, único equipo que foi quen de superar aos nosos no Vero Boquete, os branquiazuis saíron a por todas no Novo Ganzábal.

A herba artificial do estadio asturiano obrigaba ao Compos a adaptarse canto antes ás circunstancias. Coa única novidade do regreso de Pablo Antas ao eixo da medular, repetindo Parapar e Mario na punta do ataque, os nosos cumpriron o seu obxectivo e iniciaron a contenda impondo xa o seu estilo.

Ben asentados na defensa e con axilidade para mover a pelota, na primeira oportunidade que tiveron os nosos, aos 12 minutos, o balón acabou na rede. Mario Rodríguez, unha vez máis, apareceu moi intelixentemente no espazo, por detrás dos centrais, controlouna, encarou ao porteiro e aloxouna con suavidade nas mallas. Un golazo para pór o 0-1 no luminoso.

Con vantaxe no marcador, os nosos sentíronse aínda máis cómodos. A gran disposición dos compostelanistas impedía calquera intento dos locais, incapaces de achegarse á área de Pato. Tan só unha acción individual de Bayo, cuxo disparo acabou no lateral da rede, inquietou á zaga compostelanista.

Pola súa banda, o Compos tentouno con Parapar, quen tras regatear a Keko  na área, pediu penalti, aínda que o colexiado entendeu que o contacto non fora suficiente.

Por iso, así como pola falta de acerto no último pase nos intentos de contragolpes dos nosos, chegouse ao intermedio coa vantaxe pola mínima para o Compos.

Á volta dos vuestuarios, cos mesmos protagonistas, de novo saltou mellor o cadro compostelanista e así se atopou un novo premio, o seu segundo gol, o dobrete de Mario Rodríguez. Novamente, o atacante barcelonés aproveitou á perfección o oco ás costas da zaga, recibiu o servizo desde a dereita de Roque, controlouna no bordo da área e definiu con sutileza, por abaixo, pegada ao pau, 0-2.

Coa vantaxe dobrada, os nosos conseguiran cumprir o reto marcado no descanso. Arrincando da mellor maneira, podían vivir máis tranquilos no que quedaba da segunda parte. E máis aínda estarían se o liña non levantase a bandeira noutro desmarque de Mario, que anotara outro máis, nesta ocasión tras a asistencia de Parapar, pero sinalouse un moi discutido fóra de xogo.

Esa acción deu un pouco de ás aos locais, que tiveron os seus mellores minutos pasada a hora de encontro, con dúas oportunidades, as súas únicas do encontro. Un disparo de Arzulluz de lonxe, que se escapou por encima do traveseiro, e un remate de Chus Ruiz na área, sacado á perfección cos pés por Pato, foron as opcións do Langreo.

A pesar diso, o encontro era de claro dominio branquiazul e de novo houbo outra gran ocasión para selar o terceiro. Darío roubou un pase atrás da zaga, plantouse no man a man, sorteou co seu disparo ao porteiro, pero Lavsamba chegou no último momento para sacala sobre a liña.

Non foi á primeira, tampouco á segunda, pero si á terceira. Xa no desconto, o debutante Jaime Santos demostrou a calidade que atesoura nas súas botas, anotando un tanto de moitísima clase, o primeiro coa camiseta branquiazul. O mediocentro asturiano controlouna na área, orientouna á súa perna dereita e coouna na escuadra contraria. Un auténtico golazo na súa estrea.

O 0-3 pechou o partido e selou os tres puntazos para o Compos. Unha vitoria de moitísimo mérito, nun campo moi complicado e demostrando, de novo, esa solidez que permitiu aos nosos encadear tantos triunfos seguidos na primeira volta. Con seis puntos consecutivos, os branquiazuis tentarán prolongar o bo momento, o vindeiro sábado, ante o Zamora na casa.

FICHA TÉCNICA

0- UP LANGREO: Adrián Torre; Juampe, Gonzalo (David Fernández, m.69), Keko, Cedenilla (Leonard Kisun, m.69); Joselu Guerra (Chus Ruiz, m.52), Lavsamba; Luís Sánchez, Jorge Hernández (Óscar Poveda, m.52), Bayo (David Iglesias, m.69), e M. Arzulluz.

3- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián; Pablo Antas (Samu, m.82), Roque, Fer Beltrán, Jordan (Jaime Santos, m.75); Parapar (Darío, m.66) e Mario Rodríguez (Cano, m.75).

GOLES: 0-1: Mario Rodríguez, min.12; 0-2: Mario Rodríguez, min.48; 0-3: Jaime Santos, min.90+3.

ÁRBITRO: Álvarez Rodríguez (Castela e León). Amoestou a Lavsamba , Adrián Torre e Chus Ruiz, polo Langreo; e a Pablo Antas e Roque, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal Novo Ganzábal (Langreo). Xornada 21 do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍Todos xuntos! 🤝A por unha nova final este domingo! 💪ℹ️ Recorda que se eres abonado maior de 17 anos podes retirar unha invitación (só online) 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Co apoio de todos, FORZA COMPOS! 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Gimnástica de Torrelavega🏟️ Os nosos adestraron esta mañá no Vero Boquete para preparar o partido vital deste domingo ás 17.00 horasImos a por todas, todos xuntos! 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso adestrador de porteiros, 𝐈𝐚𝐠𝐨 𝐓𝐚𝐛𝐨𝐚𝐝𝐚 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Iago!A celebralo este domingo cun triunfo 💪⚽️📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⌚️ Horario confirmado para as dúas últimas xornadas, que serán unificadas 🩵🤍x33 🆚Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horasx34 🆚 Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 4 de maio🕛 12.00 horas🧴 Laboratorios Ozoaqua - Expertos en Dermocosmética con Aceites ozonizados #ávilacompos #composrvcantera ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
E repetiuse éxito nesta pasada xornada 🩵🤍✅ Compos✅ Filial (Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso)✅ Xuvenil A (Canteira Picheleira) A por outra máis 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.