Nace COMPOSTEL: a primeira operadora móbil de Compostela é do Compostela!

14 de Marzo de 2023
Compostel Web
  • Ofertas de lanzamiento:
    • Agasallo dun carné de abonado 22/23 se contratas fibra + móbil
    • Triplicamos os xigas do teu contrato móbil se te dás de alta este mes

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

La SD Compostela creou, da man de Toxo Telecom, un novo operador telefónico que quere ser a referencia do sector na nosa cidade. Este novo servizo do club permitirá a todos os afeccionados branquiazuis levar ao seu equipo no teléfono, con vantaxes exclusivas para todos aqueles que se dean de alta na nosa compañía. Se es do Compos, tes que ser de Compostel!

COMPOSTEL ofrece conexión móbil, con chamadas e xigas, ademais de fibra óptica no fogar. Para todos aqueles que se queiran informar das tarifas da compañía, poderá facelo chamando ao 881 157 000.

Esta nova operadora parte do acordo de patrocinio da SD Compostela e Toxo Telecom, ofrecendo o mellor servizo e atención ao cliente, a través dunha compañía 100% galega.

Como oferta de lanzamento, todos aqueles clientes que se dean de alta no servizo de fibra+móbil terán como regalo un abono de adulto para o que resta da tempada 22/23. Entre as posibilidades que se ofrecen con esta oferta están, por exemplo, fibra de 100 megas, cun router con tecnoloxía Wifi6 con instalación gratuíta, e móbil con 50Gb por 36,95€ ao mes, coa posibilidade de engadir máis liñas, con esa cobertura por 10,95€ a maiores. Coas mesmas opcións no móbil, pero con Fibra de ata 300 Mbps, así como o router gratis, a oferta sae a 38,95€/mes. Pola súa banda, con móbil 50Gb e fibra 500Mbps, máis router, o prezo, definitivo e para sempre, é de 39,95€/mes.

Por outra banda, para os que só prefiran móbil, ofrécense tres liñas que compartan 50Gb por 21,95€/mes, prezo para sempre. Tamén con prezo definitivo, se se comparten 90 Gb, a cota será de 26,95 €/mes, mentres que con 200Gb a compartir, o prezo será de 35,95 €/mes.

No caso de só preferir Fibra na casa, as opcións son a Fibra de 100Mbps, con router incluído, por 25,95€/mes; a de 300Mbps, por 29,95€/mes; e a de 500Mbps, por 34,95€/mes, prezo definitivo e para sempre.

Por último, un móbil con 7Gb, sae ao mes por 8,95€; un de 20Gb, por 9,95€; un de 50Gb, por 12,95€; e un de 90Gb, por 14,95€. Todos son acumulables e a cota é definitiva. Enmarcado na nosa oferta de lanzamento, todos aqueles que se dean de alta durante o mes de marzo terán o triplo de xigas de forma indefinida.

Non esperes máis e contrata COMPOSTEL!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.