A SD Compostela celebrou unha enriquecedora segunda reunión cos abonados

14 de Marzo de 2023
Encuentro con Abonados Puerta del Camino 3
Encuentro con Abonados Puerta del Camino 2
Encuentro con Abonados Puerta del Camino 1
  • O encontro serviu para dar conta da actualidade do club e para presentar aos novos socios

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

O Hotel Oca Porta do Camiño volveu acoller a segunda reunión da directiva da SD Compostela cos seus abonados e abonadas. Os seguidores branquiazuis presentes participaron nun encontro moi enriquecedor no que se deu conta da actualidade do club, con mención destacada para a presentación dos novos socios.

O presidente do club, Juan Carlos Rodríguez Gesto, foi o encargado de abrir o acto, cunha breve exposición da actualidade branquiazul. O presidente pasou revista ao momento deportivo, económico e social, detallando a situación vivida o pasado mes de decembro, coa incorporación de dezanove novos socios á entidade. Nese sentido, presentou a Ignacio Calles, en representación do devandito grupo asociado.

Precisamente, o empresario do mundo da tecnoloxía e profesor de Universidade, tomou a palabra para presentar aos abonados o proxecto que lidera Antonio Agrasar, quen, apuntou, está “moi comprometido” con el. Xunto a el destacou a figura de Esteban Granero, exxogador “cun gran perfil empresarial”, tachou, e que, xunto a Ignacio e Antonio, desenvolven interesantes proxectos relacionados coa tecnoloxía e o deporte.

Xunto a eles, sitúanse outras dezaseis persoas, conformadas por xente de confianza e próximas aos tres primeiros, pero tamén outras que achegarán “ferramentas que serán necesarias para o desenvolvemento futuro do club en todas as áreas e ámbitos”. Entre eles non se atopa, ata o momento, Borja Iglesias, aínda que, como ben explicou Ignacio Calles, a súa decisión aprazouse no tempo, dado o ruído que se xerou durante o pasado mes de decembro.

Así mesmo, dentro do seu discurso aos seguidores, Ignacio Calles destacou que a súa chegada ao club prodúcese coa misión de desenvolver “un proxecto a longo prazo”, que estea cociñado paseniñamente e sobre unhas bases ben asentadas. Por iso, neste momento, reiterou, “o obxectivo principal é o aspecto deportivo”, coa misión de que o plantel poida render ao máximo, co obxectivo de pelexar polo ascenso á Primeira RFEF.

Nese plan, o portavoz do grupo de socios, tamén fixo mención á conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva, un reto para os próximos anos que, en primeiro lugar, require un esforzo importante, tanto a nivel de xestión interna como económico.

Con esa misión, os novos asociados están a traballar de xeito conxunto coa nova directiva para executar este proceso canto antes. Nesa liña, unha vez se ordene todo a nivel interno, executaranse os pasos necesarios para abrilo á cidade, desde autoridades e empresas ata a todos os afeccionados e cidadáns que así o desexen. Aínda que non se quixo marcar prazos, ante a pregunta dun abonado, sinalou que se poñen como obxectivo ter o proceso encamiñado a finais da próxima tempada.

Por último, dentro das cuestións, tamén houbo tempo para explicar a situación respecto á marca, o papel da Fundación e a posible entrada dos novos socios na directiva.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.