Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023
A Sociedade Deportiva Compostela acordou o cesamento de Fabiano Soares como adestrador do primeiro plantel da entidade.
Fabiano estivo vinculado ao club e forma parte da historia do mesmo desde principios dos anos noventa, primeiro como xogador e posteriormente como adestrador en dúas etapas diferentes, finalizando a súa segunda etapa como adestrador no día de hoxe.
A SD Compostela quere agradecer o compromiso, o traballo e a dedicación absoluta que Fabiano sempre demostrou, así como o afecto e o agarimo que tivo sempre coas cores do club. O seu traballo é un banzo máis no proxecto de volver facer grande ao Compos.
Só queda desexarlle sorte a Fabiano nos seus proxectos futuros e que isto non sexa un adeus, senón simplemente un ata logo.
Por outra banda, o club xa traballa na procura dun substituto, aínda que de forma interina faise cargo do equipo o segundo adestrador Jose Manuel Rodríguez “Cardeñosa”, acompañado polo preparador de porteiros, Pablo Castro.