Cardeñosa: “Aquí todo o mundo está comprometido e enchufado ao 100% para sacar os partidos que nos quedan adiante”

24 de Marzo de 2023
  • A SD Compostela quere retomar a boa senda na liga, co novo técnico interino á fronte

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Tras varias semanas sen coñecer a vitoria, a SD Compostela afronta a recta final da Liga. Os nosos, xa con Cardeñosa no banco, teñen por diante oito finais nas que loitarán por clasificarse para o playoff de ascenso. Situados na segunda praza, o novo técnico interino afronta un duro reto na súa primeira semana á fronte do equipo. O Compos medirase ao Torrelavega, un equipo en gran momento, no Malecón.

Situación desta semana. Foron días intensos. Con moita intensidade, pero tamén desde a tranquilidade. Ao vestiario véxoo moi ben, estamos a adestrar moi ben desde o mércores e estou moi contento nese sentido.

Informacións sobre desavinzas no corpo técnico. Entendo que isto pode ser moi interesante e mesmo un pouquiño morboso, pero a min gustaríame que falásemos de fútbol. En relación a iso, só teño que dicir que todo o mundo, de portas para dentro, sabe o respecto que mantiven durante toda a tempada, xa non só con Fabiano e Sergio, senón con todo o mundo: xogadores, xente do club, corpo técnico… A miña conciencia está moi tranquila, porque xa non só este ano, senón o ano pasado, como adestrador do filial, ou os dous anos que estiven como xogador, sempre respectei a todo o mundo e este ano non foi diferente.

Unha dos mellores plantel e un grupo excepcional. Seguramente, de cara a fóra, percíbase unha imaxe que case sempre non ten nada que ver co que pasa no vestiario. Temos a sorte de contar cun plantel que é dos mellores de categoría, e iso non o digo só eu, senón que o dixeron todos os adestradores que pisaron este Estadio este ano. Ademais diso, son un grupo de persoas excepcional. Non só os xogadores, senón corpo técnico, traballadores do club… respírase un ambiente san e moi familiar. Sempre foi así e oxalá siga sendo así. Por iso, esta semana saíron cousas que non son verdade, que quen as está difundindo non só está a mentir, senón que lle está facendo un fraco favor ao Compostela. Aquí todo o mundo está comprometido, moléstalle cando perdemos e está enchufado ao 100% para sacar os partidos que nos quedan adiante. Quédanos un tramo de tempada importantísimo e todos están enchufados.

Mensaxe do equipo á afección. Mándolle unha mensaxe, como portavoz do plantel, a toda a afección, que non podo prometer resultados, pero prometo que nos deixaremos a vida niso. Que nos apoien, porque o ben dos xogadores e do equipo, será o ben do Compostela e de todos.

Matiz persoal ao equipo. O aceno de identidade vai por ter un equipo con personalidade, fame, agresividade e mantendo a competitividade que tivemos ata agora. A partir de aí, seguir dotando de ferramentas para que o equipo saiba manexarse ben noutros escenarios, que se cadra nos estaba custando un pouco.

Un novo estilo. Evidentemente, non vou facer malabares en tres días, non o pretendo e non creo que sexa o correcto. Si é verdade que, como adestrador, teño que facer aquilo no que creo. Sen facer malabares, cambiarase algunha cousiña, pero, por suposto, neste primeiro partido non demasiadas. Hai moitas cousas que estabamos a facer ben, que nos estaban dando moito rendemento, que nos deron moitos puntos e que espero que manteñamos.

Estado do plantel. Ao equipo véxoo moi ben. O mércores foi un día raro, as cabezas non estaban moito no adestramento, pero falamos que había que pensar no que vén e non no pasado. Do mércores para atrás había outra xente ao mando e agora o escenario é diferente. Solo nos centramos no que vén, nos oito partidos e, sobre todo, na Ximnástica, que é o máis recente e creo que é no que temos que pór o foco.

Baixas. Temos as baixas de Damián, que segue co seu problema de xeonllo. Vai moito mellor, ten moi boas sensacións, pero o doutor quere ser precavido. É un mozo novo e temos que coidalo. Estou totalmente de acordo niso. Darío está moi ben, se non chega será polos pelos. Para a semana, se todo vai ben, estará. Despois hai algún outro xogador tocado, como Jaime, que levou un golpe na cadeira, que máis aló de non ser importante, é moi incómodo. E temos a baixa de longa duración de Pato, que será difícil contar con el, oxalá. Despois algunha cousiña pequena máis e, en principio, os demais están sans.

Aplicar a teoría na práctica. Levo oito meses co plantel e creo que o coñezo ben. A única dúbida que teño son os benditos problemas, que digo eu, entre escoller entre un xogador ou outro, porque todos adestraron ben e será difícil facer a aliñación.

Posibles cambios en ataque. Ao equipo está a custarlle facer gol, pero somos un dos máis goleadores da categoría, polo que non hai problema. Será un cambio en conxunto, non nun aspecto só. O que sucede é que vamos a un campo moi complicado, só perderon un partido en toda a tempada, non perden desde outubro e nos últimos cinco partidos só recibiron un gol, polo que tentar facer moitos goles antóllase complicado, pero por suposto que o tentaremos.

Falta de acerto nos últimos partidos. No fútbol hai un contido moi grande, que está presente, que é a incerteza. Somos e esperamos seguir sendo, porque nos dá, deunos, e espero que nos poida seguir dando moito, un equipo que, con espazos, cando imos por diante no marcador, somos moi perigosos. Sempre que tivemos a sorte de estar acertados nas primeiras ocasións, o equipo manexouse ben. Sinceramente, non me obsesiona o tema do gol, o fútbol é máis un conxunto de situacións é, e unhas van dar coas outras.

Resultados contra os equipos de abaixo. Somos un equipo que ao espazo vai moi ben, pero cando o rival se reprega e pechan espazos, estaba a custarnos un pouco, pero é o máis normal do mundo. Cando te enfrontas a un bloque baixo, con moitos xogadores por detrás do balón e con distancias moi curtas, a todos os equipos lles custa. Aínda así, tivemos ocasións, sobre todo ao principio dos partidos, que, se as metésemos, seguro que o resultado sería totalmente diferente.

Presenza no cargo. O club o que me trasladou é que teño toda a súa confianza, o cal agradezo e estou moi orgulloso. Estou de maneira provisional, a expensas de como vaian indo as cousas. Este caso deuse moitas máis veces noutros equipos e imaxino que se as cousas van ben, se os resultados saen, haberá máis oportunidades de seguir. E senón, virá alguén novo. Ou aínda con bos resultados, o club atopa un adestrador que lle convenza a longo prazo, o que co que queda, non me parece difícil. Persoalmente, non poría ningún tipo de problema, nin sería un prexuízo para min. Así llo trasladei á directiva, tanto á que leva todos estes anos como á nova: son un home de club e estou para axudar. Encomendáronme a responsabilidade de coller as rendas e se mañá vén outro adestrador e teño que volver ao rol que tiña, ou a outro diferente, serei igual de feliz.

O que queda ata o final de liga. Estou convencido de que temos un dos mellores planteis. Moitos adestradores pasaron por aquí recalcando nese sentido. Non nos temos que sentir máis que ninguén, pero menos tampouco. Aínda que sexa moi complicado, pódese ir a Torrelavega a gañar. Ao Arenteiro xa lle gañamos na primeira volta, vamos a traballar para iso. E tanto eu como o equipo, como toda a xente que está ao redor, pensamos no mesmo sentido.

Toca pensar na Ximnástica. Sacar o foco do rival que hai o domingo é distraerse, e desde a miña lóxica non ten moito sentido. Se que logo, ao final de tempada, hai enfrontamentos que che estás xogando cousas e pode ser que cambies cousas, pero xa se verá. O que si estiven a mirar moito é ao Ximnástica, que me parece un equipo super complicado e será un partido difícil. Así que acabe o Ximnástica, de volta miraremos o partido, para ver que se pode corrixir e o martes porémonos a traballar no próximo rival. Así todas as semanas, mentres eu estea ás rendas e se vén outro adestrador seguro que fai o mesmo.

O rival. É un equipo que na primeira volta foi dos que máis vin, porque me gusta moito e non son palabras baleiras, é a verdade. É un equipo moi aguerrido, que se manexa ben en distintos escenarios. É quen de ir arriba, con moita garra e forza a roubar alto, é quen, en certo momento, de xuntarse e correr. Con balón é quen de correr, pero tamén de facer un ataque organizado, porque ten mecanismos bos. Creo que é un equipo súper completo súper traballado e que, por suposto, nos porá as cousas moi difíciles.

Primeiro, mirarse a un mesmo. O primeiro que temos que facer é mirar para nós. Despois, como todos os adestradores, en función da estrutura do rival, do que buscas ou do que te vas a atopar, buscas un perfil diferente de xogador, ou non. Pero, sinceramente, o primeiro que temos que mirar é para nós e así llo fixen saber tamén aos rapaces.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📹 Pablo Antas ten unha mensaxe para todos!👉 Mañá, ás 11.00, estaremos no Banquete de Conxo axudando no proxecto ECO-BOSQUE🙌 Temos que actuar xa para eliminar a planta invasora tradescantia⁉️ Contamos contigo?🎫 Agasallaranse entradas para este domingo aos que participen ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUM Escobedo 0️⃣-0️⃣ COMPOS Primeira metade moi controlada polos nosos, sen recibir ocasións e buscando o gol ante un rival en bloque baixo#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.