Unha FAN ZONE de CINEMA, para o gran partido da tempada

25 de Marzo de 2023
Cartel da Fan Zone de CINEMA.
  • Para o derbi contra o Arenteiro, o Compos organiza unha gran festa para todos os afeccionados, patrocinada por Hyupersa Santiago
  • Haberá pulpeiro, zona de xogos infantís, dj e, como cabeza de cartel, a gran orquestra Cinema

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2023

Para o gran partido da tempada, o derbi contra o Arenteiro, previsto para o vindeiro domingo ás 16.45 horas, a SD Compostela levará a cabo unha festa á altura do nivel do partidazo. O club ten preparada unha Fan Zone de CINEMA, patrocinada por Hyupersa Santiago, para animar o ambiente que rodeará a este encontro entre dous auténticos equipazos.

Desde as 13.00 horas e ata varias horas despois de finalizar o encontro, os seguidores branquiazuis, e tamén do Arenteiro, poderán gozar de todas as actividades programadas no aparcamento do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Entre elas, destacará a presenza da gran orquestra Cinema, encargada de amenizar a festa con dous pases, un previo ao encontro (ás 14.30 horas) e o segundo ao finalizar o mesmo (a partir das 19.00 horas). Deste xeito, unha das principais orquestras do país animará a todos para gozar do vermú, a comida, o café e mesmo a cea.

Ademais, no aspecto musical, estará tamén o DJ David Expósito desde as 13.00 horas, para que a festa comece co vermú.

Acompañando esta gran Fan Zone popular, e tendo como convidados os veciños do Carballiño, non podería faltar un pulpeiro. Así, animamos a todos a asistir ao Estadio ao mediodía, gozar dunha boa comida e quentar o partido cuns bos bailes.

A maiores, tamén teremos merchandising da SD Compostela á venda, para que todos se poidan equipar coas cores azul e branca, dando colorido a esta gran data.

Así mesmo, para que sexa un gran día para gozar en familia, haberá unha zona reservada para xogos infantís, co obxectivo de que os máis pequenos da casa tamén poidan pasalo en grande.

Con todos estes alicerces, e co apoio de Hyupersa Santiago, poderemos gozar dunha Fan Zone de CINEMA. Agardámosvos o vindeiro domingo para botar uns bailes no orquesteo, degustar un bo polbo e, como non, para animar ao Compos a por unha vitoria fundamental.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.