Un punto máis para o Compos nun Malecón inexpugnable

26 de Marzo de 2023
Casas, capitán do Compos, ante Basurto.
Roque e Parapar loitan por un balón ante un xogador local. Foto: RS Gimnástica.
Riki Mangana protexe o balón ante un contrario.
  • Os branquiazuis adiantáronse no marcador, por mediación de Cano, pero os locais empataron na recta final

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2023

A SD Compostela sumou un novo punto en Liga despois de empatar, 1-1, contra a Ximnástica de Torrelavega no inexpugnable Malecón. Os branquiazuis, que se adiantaron no marcador grazas ao tanto de Cano, tiveron o triunfo preto, pero os locais conseguiron igualar na recta final. Con todo, o Compos segue sumando para asentarse en playoff.

Con Cardeñosa no banco, a SD Compostela afrontaba a primeira final da recta final do campionato no Malecón. O técnico interino, para a súa estrea á fronte do plantel, expuxo varios cambios no once, co obxectivo de recuperar a boa senda na liga.

Con Borja Rey de novo a portaría, Roque en liña defensiva, Samu no centro do campo, e Parapar e Allyson, primeira titularidade, no ataque, como novidades, o Compos buscaba sumar os tres puntos contra unha Ximnástica que chegaba en forma.

Arrincando o partido con vento en contra, a pesar de levar o dominio coa pelota, aos nosos custáballes achegarse á área rival. Con todo, conseguía manter o seu arco ben defendido, cun Borja Rey moi valente nos balóns soltos. Con todo, nun deles, o porteiro levou un golpe contra dous xogadores locais, unha acción que, minutos máis tarde, lle obrigou a pedir o cambio.

Xa con Javi Jiménez sobre o verde, os compostelanistas seguiron co seu mesmo propósito e, chegada á media hora, tiveron a súa opción nas botas de Allyson, pero a ocasión escapouse por pouco.

Pola súa banda, os locais tentábano, sobre todo, a balón parado, aínda que sen xerar perigo sobre a portería do Compos. Así, chegouse ao intermedio coa igualada inicial, 0-0.

Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, os nosos saltaron mellor, máis incisivos en ataque e buscando a portería de Sotres con insistencia. Así, tras uns minutos con aproximacións que non se acabaron de concretar, acabou chegando o gol.

Corría o minuto 69 cando Cano, quen entrou no segundo tempo, aproveitaba un rebote do pau para marcar a pracer. O atacante coruñés saltou a rematar unha xogada de estratexia lanzada por Parapar, a pelota tocouna o defensor, pegou no poste da meta de Sotres, pero caeulle a el de novo, só no punto de penalti, para selar, a porta baleira, un gol moi importante para os branquiazuis.

A vantaxe conseguida puido ampliarse minutos máis tarde, cando Jaime Santos, tamén de refresco, cruzou en exceso un balón que lle chegou atrás.

Con todo, cando mellor estaban os nosos, chegou o tanto do empate, un golazo de Héctor Tirado ante o que nada puido facer Javi Jiménez. O atacante local regateou ao seu par na área e soltou un golpeo cruzado á escuadra contraria, 1-1.

A pesar da igualada, o Compos volvería ter unha nova oportunidade para adiantarse, outra vez nas botas de Jaime Santos, pero, como na anterior ocasión, o seu golpeo saíu pegado ao poste, quedando co mel nos beizos.

Por iso, sen acerto, a contenda terminou co 1-1 final, un punto para o Compos que lle permite seguir asentado en postos de playoff de ascenso. Desde o terceiro lugar do podio, os nosos recibirán agora, no Vero Boquete, o vindeiro domingo, ao líder, o CD Arenteiro.

FICHA TÉCNICA

1- RS XIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA: Dani Sotres; Dani Álvarez, M. Gándara, Bolaño, Marotías (Alberto D., m.63); Josemi C. (H. Tirado, m.18), Alberto G., Basurto; Unai (Somavilla, m.75), Saúl (Tobar, m.63) e Javi Delgado.

1- SD COMPOSTELA: Borja Rey (Javi Jiménez, m.21); Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Riki Mangana; Samu, Fer Beltrán (Martín, m.74), Jordan (Elliot, m.74); Mario Rodríguez, Parapar (Jaime Santos, m.74) e Allyson (Cano, m.54).

GOLES: 0-1: Cano, min.69; 1-1: H. Tirado, min.80.

ÁRBITRO: Jiménez Olano (A Rioxa). Expulsou a Fer Beltrán (m.81), no banco, por protestar. Ademais, amoestou a M. Gándara, Marotías e H. Tirado, pola Ximnástica; e a Samu, Jordan, Allyson e Pablo Crespo, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio El Malecón (Torrelavega). Xornada 27 de liga do Grupo 1 da Segunda RFEF.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza o traballo para o duelo crucial deste sábado na nosa casa👉 Os nosos inician os adestramentos esta tarde e terán catro sesións para a volta do play off💪 Traballo intenso e duro para, coa axuda de todos, superar a rolda#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este sábado, a certificar o pase na nosa casa!!!⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Abonados: Gratis🙌 PROMOCIÓN ENTRADAS: Cada abonado pode retirar, a maiores, unha entrada por 5€ (ata o venres ás 15h), na Oficina, na Tenda ou Online (neste caso, hai que sumar os gastos de xestión)🏟️ Para público xeral, as entradas poden mercarse online ou o sábado no Despacho de Billetes#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Feliz #DíaDasLetrasGalegas!! 🩵🤍 Neste día, compartimos o documental da Real Academia Galega sobre a escritora e xornalista, homenaxeada este anoDestacamos o seu compromiso coa lingua e a cultura galega, un exemplo de defensa da nosa identidade🎥 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALRACING CLUB VILLALBÉS 0️⃣-0️⃣ COMPOSO Compos non pasa do empate, pese ás oportunidades, e queda todo pendente para a volta na nosa casa!Grazas a todos por acompañarnos en Vilalba! A pola volta co voso apoio!!📸 Nacho Castaño #villalbescompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍🆚 RACING CLUB VILLALBÉS 🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis🙌 A comezar con bo pe!! Todos xuntos a pola primeira cita deste play off!!#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.