Nova promoción de entradas para abonados: apoia ao Compos nos dous próximos partidos no Vero Boquete

27 de Marzo de 2023
Entradas adicionales abonados Compos.
  • Os abonados adultos poderán sacar entradas adicionais para os partidos contra Arenteiro e Palencia, por 10 euros en total (unha para cada un)
  • Pódense retirar, a partir de mañá, na Oficina ou na Tenda Oficial do Compos, e o domingo, no despacho de billetes

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

A SD Compostela saca unha nova promoción de entradas para abonados co obxectivo de que, nos dous próximos partidos claves que se disputen no Vero Boquete, o apoio da afección sexa fundamental para sumar seis puntos importantísimos para o obxectivo final. Por 10€, os abonados e abonadas adultos poderán retirar dúas entradas adicionais para os encontros contra o Arenteiro e Palencia (unha para cada día).

Deste xeito, os maiores de idade, co seu abono, ademais de acceder de maneira gratuíta ao Estadio, poderán convidar tamén a familiares ou amigos e pagarán un prezo moi reducido por eles para estes dous partidazos. Non haberá límite máximo, polo que por cada pack de dúas entradas pagará 10 euros (10€ – 2 entradas (unha e unha); 20€ – 4 entradas (dúas e dúas) …).

A promoción estará dispoñible desde mañá martes na Oficina do Club e na Tenda Oficial. Na primeira poderanse retirar no seu horario habitual, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas, ata o venres; mentres que no establecemento da Rúa da Raíña estarán dispoñibles ata o sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Así mesmo, o propio domingo, no que cabe lembrar que se levará a cabo unha Fan Zone de CINEMA, con multitude de actividades, música e gastronomía, tamén estará habilitada dita promoción. Así, desde unha hora antes do inicio do duelo, poderanse retirar as entradas coa promoción no despacho de billetes do Estadio.

Con todo iso, o club busca o maior ambiente posible para estes dous partidazos na casa, claves para lograr a clasificación para o playoff de ascenso.

Este domingo, ás 16.45 horas, chega o líder, o Arenteiro, un derbi ao grande, no que se espera a mellor entrada da tempada. Neste auténtico partidazo, que se poderá gozar en familia con todo o programado para a previa e o postpartido, necesitamos recuperar esa unión entre afección e equipo para retomar a senda da vitoria.

Pola súa banda, non será menos clave tampouco o duelo do próximo domingo 16, ás 12.00 horas, contra o Palencia Cristo Atlético, no Vero Boquete de San Lázaro. Serán outros tres puntos cruciais para seguir asentados na zona de promoción de ascenso.

Necesitamos todo o apoio posible para estes próximos partidos. Trae a familiares e amigos e, xuntos, camiñemos cara ao playoff.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

53 minutes ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.