O Compos presenta o ‘Composfest’ na Ascensión 23

28 de Marzo de 2023
Foto oficial do Composfest na terraza do Pazo de Raxoi con Rubén Otero, Nastasia Zurcher, Sindo Guinarte, Juan Carlos Gesto, Mónica Mejías e Miguel Fernández.
Un momento da rolda de prensa de presentación do Composfest con Mónica Mejías, Juan Carlos Gesto, Sindo Guinarte e Miguel Fernández.
Sindo Guinarte, Juan Carlos Gesto, Mónica Mejías e Miguel Fernández cos carteis do Composfest.
Entrega do sudadoiro oficial do Composfest ao concelleiro Sindo Guinarte.
Miguel Fernández, Nastasia Zurcher, Mónica Mejías e Rubén Otero, na Praza da Quintana.
Cartaz do Composfest.
  • Carlangas será o cabeza de cartel dun festival que ten a Compostela como eixo
  • Está enmarcado no programa de festas locais de Santiago de Compostela e levarase a cabo o venres 19 de maio na Praza da Quintana

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023

A SD Compostela culminará a celebración do 60 aniversario do club coa celebración do ‘Composfest’ nas próximas Festas da Ascensión 2023. O club, seguindo o lema que ven acompañando ao equipo toda esta temporada, levará a cabo un festival na Praza de Quintana, o venres 19 de maio, que se enmarcará no programa festivo do Concello de Santiago.

O cartel, composto por artistas e agrupacións cunha forte ligazón con Compostela, estará encabezado por Carlangas. Acompañarano sobre o escenario, nese venres de Ascensión, Ruxe Ruxe, Nastasia Zürcher e o regreso de Moncho Lago y Los Apóstoles. Xuntos conformarán un cartel de renome.

A emblemática Praza da Quintana volverá a tinguirse de azul e branco para esta gran noite musical. Será unha gran xornada festiva, con acceso gratuíto, na que vibraremos coa mellor música. O festival dará comezo ás 20.30 e durante 4 horas fará vibrar, con boa música e mellor ambiente, a todo o público, que de seguro encherá a praza.

O cartel do Composfest foi anunciado esta mañá no Pazo de Raxoi, nun acto no que estiveron presentes Sindo Guinarte, concelleiro de Festas do Concello de Santiago, Juan Carlos Gesto, presidente da SD Compostela, Miguel Fernández, director de marketing da SD Compostela e Mónica Mejías, da empresa Correveydile.

“Unha das novidades destas festas da Ascensión, unha celebración picheleira, que terá unha nova alternativa de ocio, sen gasto algún, o Composfest. Agradecer á SD Compostela que decidise celebrar da man do Concello o seu 60 aniversario con este macroconcerto”, sinalou o concelleiro de festas, Sindo Guinarte.

“Agradecer ao Concello a colaboración co club neste evento que dá por finalizados os actos do 60 aniversario do club da mellor forma posible, cun gran festival de música nos que os protagonistas serán artistas cunha forte ligazón coa nosa cidade, nunha praza incrible e nunhas datas perfectas, como son as festas da Ascensión. Quería animar tamén a que se participe no Festival para desfrutar da música, das festas e do compostelanismo”, salientou, pola súa banda, o presidente do club, Juan Carlos Gesto.

“Coa planificación do 60 aniversario decidimos crear a marca Composfest. Nesta senda, cada mes, como seguimos facendo, entregamos un agasallo aos abonados, pero o obxectivo final era terminar os actos do aniversario cun gran festival. Facelo con este cartel, á altura de moitos outros que se organizan por toda Galicia, sen o apoio do Concello, sería imposible. Hai que poñelo en valor, porque nace co ánimo de apoiar a grupos e artistas locais, ao igual que pedimos á xente que apoie ao equipo da súa cidade”, explicou Miguel Fernández.

Do mesmo xeito, o responsable de marketing da SD Compostela, quixo facer especial fincapé nas datas nas que se desenvolverá o evento. “Facer este Festival na Quintana é un soño feito realidade para o Compos. O 19 de maio, a praza, como na imaxe do cartel, volverá a estar chea. Coincidirá ademais cun momento deportivo para o que o club está traballando duro, co obxectivo de festexar algo. Ogallá coincida tamén cunha celebración deportiva, que é o que todos buscamos”, sentenciou.

Por último, Mónica Mejías, cerebro do Composfest, encargouse de destacar a cada unha das agrupacións que formarán parte do festival, ademais de sinalar que é un “orgullo” para Correveydile a participación, dende dentro, desta gran iniciativa dentro da Ascensión.

“Contaremos con Carlangas, un artista compostelán que presentará o seu disco en solitario en Santiago con esta cita. Estará tamén a banda Ruxe Ruxe, que vén de sacar o seu último disco e que leva máis de 26 anos facendo un rock galego de combate. Estará tamén Nastasia Zurcher, unha artista destacadísima, recentemente recoñecida nos premios Martin Códax. E, por último, estarán Moncho y Los Apóstoles, unha agrupación que nos anos 90 sacou un disco en casete en homenaxe ao Compos e que volverán ao escenario para este festival, tocando eses temas que lle dedicaron ao equipo e que seguro que os seguidores se acordarán”, concluíu.

Trala rolda de prensa no Pazo de Raxoi e para pechar o acto de presentación do Composfest, acompañáronnos a artista Nastasia Zurcher, que será unha das protagonistas do Festival, e Rubén Otero, de Luneda Producións, axencia de representación da banda Ruxe Ruxe.

Xuntos, visitamos a terraza do Pazo de Raxoi, así como a praza da Quintana, espazo no que se desenvolverá o Composfest o próximo 19 de maio. Ademais, o presidente da SD Compostela, Juan Carlos Gesto, fixo entrega ao concelleiro e aos artistas do merchan oficial do festival, que se poderá mercar na Tenda do Compos e no posto que se instalará ese día na Quintana.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.