Juan Carlos Andrés: “Imos traballar para vivir algo bonito e iso é meterse en playoff e ascender”

5 de Abril de 2023
  • O técnico vigués foi presentado na Grella, o seu patrocinador oficial, como novo técnico da SD Compostela

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2023

Nas instalacións de sou patrocinador, Brasería A Grella , e tralo seu primeiro adestramento á fronte do equipo, Juan Carlos Andrés foi presentado como novo adestrador da SD Compostela. O técnico vigués, con experiencia na Primeira División, mostrou as súas primeiras impresións no novo cargo acompañado por Luis Asorey, xerente do establecemento, Manu Castiñeiras, director deportivo do club, e membros da directiva do Compos.

Precisamente, Ángel Espadas, en representación da xunta directiva do club, foi o encargado de presentar ao novo adestrador do Compos, destacando a súa traxectoria profesional. “Juan Carlos é unha persoa coñecida e recoñecida no mundo do fútbol, cunha longa traxectoria como adestrador”, sinalou.

Nesta liña, desexoulle moita sorte para o novo reto que afronta. “A dirección deportiva do club considerou que era a persoa idónea para facerse cargo do primeiro equipo do Compos e a directiva entendeu tamén que era o momento que se incorporase ao club. Estamos ilusionados coa súa presenza aquí. Creemos que o equipo necesitaba un revulsivo, agardamos que el sexa a persoa para logralo e que as vitorias volvan chegar. Moita sorte, porque a túa sorte será a de todos os compostelanistas”, subliñou o secretario xeral.

Tomando a palabra, Juan Carlos Andrés quixo, en primeiro lugar, agradecer a oportunidade e sinalou que está con moitas gañas de lograr algo bonito no banco da SD Compostela, un obxectivo para o que traballará duramente.

Dous meses para vivir algo bonito. Agradecer a confianza á directiva e a Manu Castiñeiras, por pensar en min para este final de traxecto desta tempada, na que pasaron moitas cousas, pero na que esperamos que podamos axudar a ter un final feliz. Co que queda, as miñas sensacións é que podemos vivir algo bonito, porque nos quedan dous meses para poder desfrutar algo bonito. É coa idea coa que veño e o que teño na cabeza, que os futbolistas recuperen as boas sensacións, tentar que o equipo se volva a sentir cómodo e que esteamos todos os días o máis preto posible da vitoria, porque iso significará que alcanzaremos os tres puntos e permitiranos conseguir o obxectivo, que non é outro que entrar na fase de ascenso e ascender.

Obxectivo ata final de tempada. Vimos tentar vivir algo bonito. Algo bonito é meterse en playoff e ascender. É o que quero e queremos todos. Iso imos tentar e é para o que imos traballar.

Transmitir as súas ideas. Hai que asumir as situacións, no momento no que están. Quedan seis partidos e ao xogador non lle podemos volver tolo con mil ideas. Non estamos en xullo ou agosto, senón en abril. Loxicamente, eu só podo transmitir as ideas que sinto, como entendo o fútbol e como o vexo. Tentar conseguir que eles, con poucas ideas, sexan quen de representar o que eu intento.

O Compos de Juan Carlos Andrés. Imos tentar ser un equipo que presione en campo contrario, que leve a iniciativa de xogo e que gañe os partidos. Dito nunha pregunta é moi sinxelo, pero logo hai que trasladalo ao campo, hai que conseguir que todos os xogadores teñan a información, e non só iso, senón que sexan quen de pola en común entre os once que estean no campo. Ás veces, iso é máis complicado do que parece. A traballar cada día, a ver como podemos axudarlles a recuperar a confianza, que eles se volvan a sentir con esa capacidade para afrontar calquera partido e gañalo.

O próximo calendario. Podemos velo de dúas maneiras, un problema ou como algo bo. Se lle gañamos ao Avilés, teremos un treito percorrido, porque sería meter tres puntos contra un rival directo. O calendario xa estaba posto cando cheguei, non podo modificalo e hai que afrontalo como vén, coa intención de gañar. Cando é contra un rival directo, cunha incidencia moitísimo maior en canto ao resultado. Os partidos son iguais de importantes e van ser igual de difíciles, sexa un equipo de arriba ou de abaixo. É máis unha cuestión nosa, de como sexamos quen de comportarnos, de como sexamos quen de render no campo e como sexamos quen de afrontar os partidos para gañalos.

Primeiro contacto co plantel. Moi ben. Creo que hai un grupo de futbolistas fantástico e cunha predisposición moi boa. Senten esa necesidade de volver recuperar un camiño que tiñan, porque, polas circunstancias que sexan, os resultados torcéronse. O ánimo creo que non o perderon e a predisposición e a boa intención é fantástica.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.