Tod@s ao Vero Boquete: invitacións para todos os locais de hostalería do Compos e entradas a 5 euros

8 de Maio de 2023
Desexando poder celebrar xuntos a clasificación do Compos para o playoff.
  • As invitacións nos locais de hostalería do Compos poderanse recoller a partir do mércores

  • Os menores de idade entran gratis, previa retirada de invitación no despacho de billetes

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2023

Este domingo, ás 12.00 horas, xogámonos a clasificación para o playoff. En cuarta posición e con 53 puntos, o Compos depende de si mesmo para loitar polo ascenso. Para facelo posible, necesitamos o apoio de tod@s.

Para iso, o club saca unha promoción de entradas e invitacións para o partido contra o Marino de Luanco, co obxectivo de conseguir o máximo ambiente posible, que leve aos nosos ata a vitoria.

Para o partido, as entradas de adulto, tanto para Tribuna como para Preferencia, custarán 5€. Ademais, os menores de idade non pagarán entrada, aínda que deberán retirar unha invitación no despacho de billetes, o propio domingo.

Do mesmo xeito, tamén se repartirán invitacións en todos os establecementos de hostalería que colaboran coa SD Compostela. Así, entregaranse 20 invitacións a cada un dos cincuenta locais, aproximadamente, que forman parte do proxecto do club.

Estas invitacións entregaranse a partir do mércores e a listaxe de locais que colaboran pódese ver neste enlace, así como as súas ubicacións: MAPA BARES COMPOS

Cabe destacar tamén que todas as invitacións repartidas polos establecementos hostaleiros serán para a bancada de Preferencia. En todo caso, se algún dos agraciados desexa cambiar para Tribuna, poderá facelo presentando a súa invitación, o domingo, no despacho de billetes.

Por último, lembrar que tod@s os abonad@s entrarán gratis presentando o seu abono na porta de acceso.

 

Xuntos, a polo playoff.

O obxectivo do playoff está a un só paso e xuntos podemos logralo. Este domingo pola mañá, tod@s ao Vero Boquete.

Listado dos bares con invitacións.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.