O Compos cae en Cantabria, pero segue dependendo de si mesmo para o playoff

7 de Maio de 2023
Pablo Antas e Riki Mangana defendendo a un xogador do Rayo Cantabria.
Jaime Santos celebra o seu gol con Parapar e Samu.
Jaime Santos celebrando o gol para o Compos.
Parapar, que sumou unha nova asistencia en liga, controlando o balón.
  • Tras unha gran primeira metade, na que puido levar máis dun gol de vantaxe, os nosos viron como o Rayo Cantabria remontaba na segunda

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2023

A SD Compostela non puido certificar o playoff, xa que caeu 2-1 contra o Rayo Cantabria. A pesar dunha gran primeira metade e a adiantarse no marcador, os nosos víronse remontados polo filial cántabro. Con todo, unha vez terminada a xornada, o Compos seguirá dependendo de si mesmo para a última xornada no Vero Boquete.

Ben plantados nas instalacións de Nando Yosu, o Compos adiantouse no marcador, no 17, co cuarto gol seguido de Jaime Santos, de novo cunha asistencia de Parapar. Estaban mellor os branquiazuis e puideron aumentar a vantaxe, pero faltou fortuna e pagouno na segunda. Dous goles de Deli e Yeray déronlle a volta ao marcador en apenas dez minutos e xa non houbo forma de sacar nada positivo.

 

Unha primeira parte de dominio do Compos.

 

A SD Compostela chegaba ás Instalacións Nando Yosu, tras gañar no noventa contra o Laredo, cun claro obxectivo, sumar os tres puntos, que lle permitisen asegurar ou achegar a clasificación para o playoff de ascenso.

Con este obxectivo en mente e co propósito de dominar o partido, clave que apuntou Juan Carlos Andrés na previa, o técnico compostelanista introducía ata catro cambios no once. Introducindo máis experiencia, Pablo Crespo regresaba ao eixo da zaga, Riki Mangana ao carril esquerdo e Jaime Santos e Cano no ataque.

Mantendo o debuxo das últimas xornadas, a contenda comezaba ben para os intereses do Compos, levando os tempos do encontro e aproveitando a súa primeira gran ocasión para adiantarse no luminoso.

Un despexe de Pablo Crespo caía na banda a Parapar, que, como nas últimas semanas, íase do seu par, chegaba a liña de fondo e servíaa rasa ao corazón da área para que Jaime Santos, por cuarta semana consecutiva, anotase coa destra. O asturiano, reconvertido a dianteiro, aparecía no espazo oportuno para embocar, de tiro cruzado, a pelota na rede.

Con vantaxe no luminoso, os nosos seguían ao seu, controlando os intentos de contragolpes locais e buscando o arco rival cada vez que podían.

Nunha acción moi similar á do primeiro gol, a punto estaría de chegar o segundo, pero, nesta ocasión, o centro de Parapar para Jaime, que xa se relambía para empuxala á rede, cortábao un defensa e a pelota estrelábase no traveseiro.

Si acababa a pelota na rede nunha acción de estratexia, con remate de Cano de cabeza a centro de Samu, pero o liña sinalaba posición adiantada do dianteiro e impedía que o tanto subise ao luminoso.

Por tanto, sen máis fortuna de cara ao arco rival e sen perigo na propia, a contenda non se movería e chegaríase coa vantaxe branquiazul, de 0-1, ao descanso.

 

Na segunda parte chegou a remontada do Rayo Cantabria.

 

Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas, con todo, todo cambiaría. Os locais aproveitando unha acción pola esquerda conseguirían empatar, na que era a súa primeira aproximación con perigo real. Dali recibía só dentro da área e fusilaba a Javi Jiménez cun gran tiro cruzado.

E o mazazo era aínda peor cando Yeray lle daba a volta ao marcador. O extremo recibía en tres cuartos de campo, avanzaba ata a frontal e soltaba un lategazo coa esquerda que botaba na área e facía imposible a estirada de Javi Jiménez, 2-1.

O dobre tanto fixo dano aos branquiazuis, que tiñan que remontar. Juan Carlos Andrés movía o banco, daba entrada a Jordan, Mario e Darío e as modificacións farían efecto.

O Compos volvía dominar, volvía gañar presenza en área rival, pero, de novo, carecía da puntaría necesaria para igualar o marcador.

A máis clara chegaría nunha acción por banda do propio Mario Rodríguez, pero o seu servizo raso pasearíase pola área pequena sen que ninguén puidese rematar. E noutra acción pola esquerda, Roque atopábase cun Germán moi seguro, que atrapaba o disparo con bote do lateral.

Por tanto e a pesar dos intentos compostelanistas, o marcador xa non se movería. De feito, cun Compos á desesperada, os locais terían o terceiro nunha contra que sacaría Álvaro Casas baixo paus.

Deste xeito, terminaba o partido 2-1, escapándose a oportunidade de deixar sentenciada a clasificación para o playoff. Con todo, unha vez terminados o resto de encontros, os nosos seguen na mesma cuarta posición, dependendo de si mesmos para entrar na loita polo ascenso.

O duelo contra o Marino, o vindeiro domingo ás 12.00 no Vero Boquete, será decisivo para certificar o pase e coñecer a posición final dos nosos. Un empate serviríalle aos nosos para entrar, pero unha vitoria asegura a cuarta praza e permitiría mesmo, dependendo doutros resultados, subir á terceira.

FICHA TÉCNICA

2- RAYO CANTABRIA: Germán; Jorrín, Mirapeix, Marco, Mario García (Álvaro, m.88); Gete; Diego Campo, Yeray (Neco, m.88), Dali (Izán, m.86), Jeremy (Dani González, m.86); e Ayoub (Jorge Delgado, m.70).

1- SD COMPOSTELA: Javi Jiménez; Roque (Elliot, m.85), Álvaro Casas, Pablo Crespo (Kike, m.36), Riki Mangana; Pablo Antas; Parapar, Samu, Fer Beltrán (Jordan, m.68), Jaime Santos (Mario Rodríguez, m.68); e Cano (Darío, m.68).

GOLES: 0-1: Jaime Santos, min.17; 1-1: Dali, min.53; 2-1: Yeray, min.65.

ÁRBITRO: Morilla Turrión (Navarra). Amoestou a Mirapeix ; e a Parapar, polo Compos.

INCIDENCIAS: Instalacións Municipais Nando Yosu Campo 1 (Santander). Xornada 33 de liga do Grupo 1 da Segunda RFEF. Máis de medio centenar de seguidores branquiazuis desprazáronse desde Santiago grazas ao apoio do Pub Século IX, Restaurante Central, Bar Caminante, O Piorno Tapería e Consultaría Simplemente Avanza.

Flickr

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
👉 O Compos caeu en Riazor contra a @deporcanteiraDecidiron os goles de Aarón e Kevin para os locais na segunda parte Grazas a todos os que nos acompañastes! 🩵🤍#FabrilCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏🎥 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐏𝐞𝐫𝐦𝐮𝐲🗣️ Rolda de prensa do adestrador do Compos trala derrota en Riazor contra a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALReal Club Deportivo de La Coruña Fabril 2️⃣-0️⃣ COMPOS#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 0️⃣-0️⃣ COMPOS#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.