Juan Carlos Andrés: “Non pensamos máis aló que afrontar o partido do domingo e gañalo”

5 de Maio de 2023
  • Juan Carlos Andrés analizou ao Rayo Cantabria e destacou as claves para sumar os tres puntos en terras cántabras

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

Penúltima xornada de liga e a emoción segue ao grande no Grupo 1 da Segunda RFEF. A SD Compostela, na cuarta praza, posición que da dereito ao playoff, mídese este domingo, ás 12.00 nas Instalacións Nando Yosu, ao Rayo Cantabria cun só obxectivo, sumar os tres puntos. Os branquiazuis queren seguir dependendo de si mesmos e para iso céntranse en superar ao filial do Racing de Santander.

Esa premisa tena moi clara un Juan Carlos Andrés que analizou ao rival na previa. O técnico branquiazul destacou a importancia de levar o peso do partido para estar máis preto de gañar.

 

Juan Carlos Andrés, na previa do partidazo para o Compos.

 

Plan para o domingo. Temos que seguir sumando boas sensacións, temos que seguir puíndo detalles, continuar no noso camiño de ser cada día un equipo máis forte a nivel defensivo e cun nivel de creación e de ataque, que nos poida facilitar e que nos poida axudar a estar preto do gol. En todo iso, seguir crecendo. Non pensamos nada máis aló que afrontar o partido e gañalo. Facer todo o que podamos para gañalo, merecer esa vitoria e volvernos cos tres puntos. Non facemos ningún tipo de especulación, nestes momentos, distinta, a traer os tres puntos de Cantabria.

O premio do outro día. Creo que é unha boa lección, que, se traballas ata o final e non te rendes, vas ter a oportunidade de gañar. Se nos rendésemos no camiño, non chegaríamos. É unha lección importante: que saibamos que o traballo e o perseverar ten premio. Xa tivemos unha recompensa menor en Valladolid, porque non nos viñemos abaixo e seguimos crendo nas nosas posibilidades, e fomos quen de empatar o partido e traernos un punto. E o outro día, nun partido complicado, no que hai unha tensión moi grande, polo que nos xogabamos os dous, fomos quen de estar no partido ata o último minuto. Xa tivemos anteriormente, nese último cuarto de hora no que eles parten o partido, total e absolutamente, chegadas nas que puidemos facer o gol, seguimos insistindo e cando o fas e non baixas os brazos, obtés recompensa.

Posición do rival. Non lle imos a quitar importancia ao rival nin lle imos a dar máis que a que ten. Imos crer que será un partido moi complicado, que nos requirirá estar moi concentrados e moi ben. Os filiais sempre son equipos con xogadores de calidade e será un equipo difícil e un partido complicado. Estamos nas últimas semanas, a responsabilidade das cousas que te estás xogando pesan, pero creo que temos que demostrar un grao de madurez importante e, despois, poñer sobre o campo esas gañas que temos de gañar o partido, para traernos os tres puntos e seguir soñando co noso obxectivo.

Rayo Cantabria. É un equipo que combina bastante ben, con boa saída de balón, son quen ademais de alternala, unha curta e unha longa, con xogadores de moita calidade e danlle un ritmo ao partido moi alto. Os seus partidos son sempre moi dinámicos, de moito ritmo, tentan apertar alto e se non o fan, repréganse bastante rápido e é un equipo moi dinámico nesas transicións. É importante que sexamos quen de coller o dominio do partido desde o principio, que creamos que levando o peso e a iniciativa, ímoslla a quitar a eles, primeiramente, e, coas nosas condicións, vai facilitar o poder estar máis preto de gañar.

Estado do plantel. Hoxe terminamos todos ben, todos bastante sans e é unha alegría. Que todo o mundo estea en disposición de adestrar, disputando un posto e traballando, é unha alegría. Van quedando atrás todos eses problemas dalgún dos xogadores e estou convencido que estando todos, xuntos somos máis fortes.

Pato. Pato está a adestrar con todos, en dinámica normal xa e é unha alegría verlle tamén no campo.

Non mirar máis aló do Rayo. O meu tempo libre dedícollo ao Raio Cantabria. Poden pasar tantas cousas, que pensar máis aló do domingo, pode ser ciencia ficción. Nestes momentos, dedico todo o meu tempo ao noso equipo e ao Raio Cantabria. Non podo perder nin un só segundo en ningunha outra cousa que non sexa o partido do domingo, e que o gañemos. Da outra maneira, distraémonos. E se nos distraemos, teremos menos posibilidades de gañar.

Recordo a Arsenio Iglesias. É unha noticia triste, sempre que hai unha perda de alguén. E sobre todo, para o mundo do fútbol, polo que representou, sobre todo para o galego. A época dourada do Deportivo vén da súa man. Moitas veces buscamos fóra cousas que temos na casa. Cando pasan moitos anos e te pos a repasar a historia, no Deportivo, a referencia do seu adestrador é alguén de casa. Tivo grandes recoñecementos e débeos seguir tendo porque o que fixo nese club, dificilmente se volva a repetir.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.