Este verán, os mellores Campus son os do Compos

26 de Maio de 2023
Cartel Campus Xacobeos

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2023

O Compos potencia este verán os Campus Xacobeos. Sete sedes, unha dirección deportiva experta e renovada e as mellores actividades para que a experiencia dos participantes sexa a máis enriquecedora. Inscríbete xa e desfruta dos mellores campus destas vacacións: WEB INSCRICIÓNS CAMPUS XACOBEOS.

Santiago de Compostela (As Cancelas e Santa Isabel), do 26 ao 30 de xuño e do 3 ao 7 de xullo; Touro (Loxo), do 3 ao 7 de xullo; Arzúa (O Viso), do 10 ao 14 de xullo; A Pobra do Caramiñal (Cadreche), do 17 ao 21 de xullo; Dumbría (O Conco), do 24 ao 28 de xullo; e A Escravitude (O Novo Doce), só para porteiros, do 10 ao 12 de xullo.

Nesta segunda edición, os Campus Xacobeos renóvanse con multitude de novidades. Haberá materiais innovadores para actividades deste tipo, visitas de xogadores, unha festa asegurada como fin de Campus e moitas novidades máis. Entre elas, como aspecto destacado, ábrese a posibilidade de realizar unha Carta FIFA física e personalizada, con estatísticas adaptadas por idade, para que os pequenos se sentan como un xogador profesional.

 

Sete sedes, unha dirección deportiva renovada e actividades de todo tipo para lograr a mellor experiencia

 

As actividades, en cada unha das sete sedes, están dirixidas a nenos e nenas de 5 a 16 anos. Desenvolveranse de luns a venres en horario de mañá, desde as 9.30 horas ata as 14.00 horas.

A inscrición, que se debe realizar a través da web da SD Compostela, inclúe unha botella, dous equipamentos, merenda para todos os días, fotografías, un diploma acreditativo e moitos agasallos máis. Unha vez completado o rexistro, deberase ingresar na pasarela de pago, na que se poderá facer o abono da cantidade indicada con cartón de crédito ou débito.

Os prezos por semana varían en función das distintas modalidades previstas. A tarifa xeral será de 140€; para xogadores da base da SD Compostela ou do CD Conxo Santiago, 100€; e para xogadores de clubs conveniados e colaboradores, 120€. Ademais, os irmáns de inscrit@s ou repetidores en varias sedes terán un desconto de 10 euros na súa cota.

Os clubs conveniados coa Canteira Picheleira son: Milladoiro SD, Amio SD, UD Bastavales, Urdilde SD, SD Escravitude, SD O Pino, Puebla FC, CF Dumbría e Alto do Vento FS. E os clubs colaboradores son: La Salle, Compañía de María, Peleteiro, Touro e Santa Marta.

Ademais, habilítase o teléfono 601909574 e o mail campus@sdcompostela.com para máis información ou para aclarar calquera dúbida sobre os Campus.

 

Traballarase a participación dende o aspecto persoal e deportivo

 

A dirección deportiva dos Campus Xacobeos renóvase este ano para dar a mellor experiencia aos participantes. Encabezados por un grupo con ampla traxectoria no sector, esta edición achegará vivencias únicas para os pequenos.

Dentro dese obxectivo traballarase a participación de cada xogador ou xogadora tanto a nivel persoal como deportivo.

Por unha banda, enfocaranse actividades para a mellora de aspectos futbolísticos, técnicos e tácticos, de forma individual e colectiva, tratando de ofrecer diferentes escenarios de aprendizaxe.

E, polo outro, promoverase a práctica do deporte desde o respecto e o compañeirismo, como alicerces básicos.

Por último, agradecer aos patrocinadores que fan posible o Campus, cunha mención especial para Cobre San Rafael, que becará aos nenos e nenas empadroados en Touro e O Pino para o Campus de Touro, tendo que pagar só 30€ nesa sede. Ademais, tamén queremos agradecer o apoio de Kutxabank, Alcampo, Jim Sports e Gráficas Alonso, tamén patrocinadores desta actividade.

 

Campus Xacobeos, inscríbete

 

Unha nova forma de entender os Campus de Verán para obter a mellor experiencia. Non agardes máis e inscríbete en calquera das nosas sedes: WEB INSCRICIÓNS CAMPUS XACOBEOS.

Máis información en: DOSSIER MÁIS INFORMACIÓN CAMPUS XACOBEOS.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.