Juan Carlos Andrés: “Só temos unha cousa na cabeza: volver gañar”

25 de Maio de 2023
  • Juan Carlos Andrés agradeceu o apoio da afección do Compos e agarda darlles unha satisfacción ao terminar o partido

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

Nas instalacións da Nave de Vidán , Juan Carlos Andrés analizou a previa do partido decisivo que terá o Compos, este sábado, en Tarazona. Os nosos parten con vantaxe da ida e buscarán o pase á final do playoff, sabendo da dificultade do reto, pero coa ilusión e a ambición de volver gañar.

A SD Compostela partirá mañá para terras aragonesas coa misión de defender o resultado do Vero Boquete e, para iso, tal e como resaltou o técnico, o obxectivo é volver gañar.

Non estará só o Compos en Tarazona, xa que ata alí desprazaranse máis dun centenar de afeccionados compostelanistas, polo que os nosos queren darlle unha satisfacción aos que viaxen a apoiar ao equipo.

 

O técnico analizou a previa da volta do playoff para o Compos na Nave de Vidán.

 

Estado do plantel. Pablo Crespo completou o adestramento de hoxe, veremos como se atopa mañá e tomaremos a decisión, pero é positivo que puidese completar a sesión. Despois tivemos algún proceso vírico ao longo da semana, Parapar é o primeiro día que adestrou, porque tivo febre dous días. E tanto Cano como Allyson tiveron algún problema similar. Co paso dos días, quedará todo atrás e estaremos en disposición.

Estado anímico. Creo que no momento no que pasan 24/48 horas, céntraste no seguinte. Dende o mércores, cando volvemos aos adestramentos, só temos unha cousa na cabeza: volver gañar. É o que queremos. A traballar o partido, saber que imos ter dificultades, sabemos que imos ter as nosas posibilidades, concentrarnos no que podemos facer, tentar ter a mellor versión do noso equipo e volver gañar. Creo que todo pasa porque a mentalidade do equipo sexa esa.

Ir gañar. Non sei como se xoga a empatar. A maneira de pasar a eliminatoria é volver gañar. Xa o fixemos unha vez e témolo que volver facer.

O Tarazona que espera. O partido do outro día deunos unha fotografía clara do que nos podemos atopar. Un equipo que non se rende nunca, que ten unha intensidade moi alta e que está permanentemente cunha agresividade, tanto en ataque como en defensa, brutal. Esas son as súas armas, as que lle levaron a xogar esta eliminatoria. Temos que contrarrestar co noso xogo toda esa intensidade, ser     quen de aproveitar os espazos que deixan, ter esa pausa e esa continuidade nos pases, sobre todo, para poder atopar esa posición de ameazar a última liña.

Análise dos goles do outro día. Un balón parado mal defendido e o segundo vén máis polo seu ímpeto, por someterse, á marxe dos erros que podemos cometer nesa xogada. É como se nos pomos a analizar porque non metemos o cuarto. Son situacións de partido. O xogo ten acertos e erros, e nós o domingo fomos quen de gañar, e é o que temos que volver facer.

Adaptarse ao campo. O xogo será máis precipitado, polas dimensións e polo tipo de terreo de xogo. A eles vailles moi ben, por esa perda recuperación. Aínda que perden o balón, son moi agresivos e moi intensos, sendo quen de volver outra vez a presionar e a recuperar. Creo que temos que buscar esa pausa de balón despois de recuperación, ter unha boa transición con pases, ser verticais, pero con calidade. O campo ten unhas características distintas, pero as nosas fortalezas temos que ser quen de polas en xogo nese escenario.

Unha mentalidade clara. Volver gañar. Gañamos o domingo e temos que volver gañar. É a mentalidade da eliminatoria. A mentalidade coa que temos que subirnos mañá ao autobús é coa de volver gañar.

Aproveitar os espazos. Temos que ser quen de atopar os espazos que deixan. Moustapha é un futbolista que abarca moito campo, pero con ese ímpeto que teñen, moitas veces descolócanse. Unha das posibilidades, como o outro día, pasa por aproveitar eses espazos que deixan ao presionar todo. Para iso fai falta ter control de balón, facer dous/tres pases e poder aproveitar eses momentos, porque requiren pausa, senón, todo precipitado, é difícil poder atacar esas situacións.

Apoio da afección. Agradecer o esforzo e para nós é importantísimo que estean connosco. É unha viaxe longa, pero imos dalo todo para ao acabar darlles unha gran recompensa, polo esforzo que están a facer acompañándonos. Darlles as grazas.

Perfil do rival. Era o perfil de rival que esperabamos. Sorprender non, pero si que é certo que mostraron unha capacidade de sobreporse a unha situación adversa, que é digna de encomiar. Veste por baixo no marcador, cunha distancia tan grande, recibes ocasións en contra e es quen de darlle a volta, é un valor moi grande. Moitas veces iso non se cuantifica, pero hai que valorar o arroxo que teñen ese tipo de equipos. Vainos agardar un partido, na súa casa, dunha intensidade alta, ata o minuto 90 ou ata o 120. Non sei ata onde vai dar, pero non podemos darlles por vencidos en ningún momento, porque xa demostraron que non se renden.

Aproveitar a rabia a favor. Quero que a rabia se converta nunha vitoria. Xa a fomos transformando en traballo e en querer volver gañar. Para demostrar que ninguén nos regalou nada, que todo o que consigamos, conseguímolo porque o merecemos, porque saímos ao campo e o que facemos devólvenos ese traballo en resultado. Toda esa rabia transformouse nunha ansia por volver gañar.

Aspectos a repetir o sábado. Hai moitas cousas que me gustaría que se parecesen. O equipo foi quen de atopar moitas veces os espazos a dereita e esquerda dos seus pivotes, por diante da súa liña defensiva, e o equipo foi moi vertical. Fixemos ocasións e non quero que o perdamos en ningún momento. Si quero que sexamos un pouco máis contundentes á hora de defender e de manexar situacións de partido. Hai que pasar malos ratiños e neles que sexamos quen de ser moito máis fortes, e pasalos todos xuntos.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario un dos nosos, Pablo Antas 🩵🤍🎂 Moitos parabéns!🙌 Celebrémolo con dúas vitorias esta semana! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ A por dúas vitorias na casa!1/2 Copa 🆚 UD Poblense🏟️ Vero Boquete🗓️ Mércores 16/10🕗 20.00 horasx8 🆚 CD Guijuelo🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 20/10🕛 12.00 horas🎟️ Entradas online 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🩵🤍 Os abonados accederán de balde a ambos encontros #CopaRFEF #compospoblense #composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Traballar duro para lograr dúas vitorias⚽️ Os nosos regresan hoxe aos adestramentos para preparar os dous encontros desta semana na casa #CopaRFEF #compospoblense #composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋Cantera - Real Racing Club 2️⃣-1⃣ COMPOS#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO Cantera - Real Racing Club 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Fer Cano👉 Partido moi igualado, con alternativas para ambos conxuntos e que se vai ao tempo de lecer con empate#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.