Jordan: “Non imos a Tarazona a especular, imos gañar”

24 de Maio de 2023
Jordan con David Castiñeiras en Castyromer
Jordan analizou o partido do Compos antes da volta do playoff
  • Jordan analizou a volta para o Compos en Castyromer, o seu patrocinador oficial

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023

Nas instalacións de Castyromer, o seu patrocinador oficial, Jordan Domínguez analizou a volta da eliminatoria de playoff contra o Tarazona. O Compos defenderá a renda da ida, na que gañou 3-2, buscando o pase á seguinte rolda do playoff

Para o partidazo deste sábado, no que se espera un gran desprazamento de afeccionados da SD Compostela, os nosos, sinala Jordan, non van especular. Saben que van por diante na eliminatoria, pero queren dominar o encontro e gañalo, para non darlle ningunha oportunidade aos locais.

 

Análise da eliminatoria de playoff.

 

Como está o equipo. Creo que estamos bastante ben, estamos tranquilos. É verdade que despois do partido era complicado asimilar o que pasara, non é nada malo, é fútbol. Non era enfado, era rabia polo que pasara, pero xa estamos limpos, tranquilos e centrados no que temos que facer a finde.

Un rival que presione máis. No seu campo, que ten as dimensións máis pequenas, saberán apertar mellor en bloque alto. Pero aquí xa vimos que en bloque baixo tamén se manexan ben, están cómodos, véselles físicos, abarcan moito campo e saben saír á contra. Esperamos un partido tan duro e tan esixente como o da ida.

Someter ao rival. Por mor do primeiro gol, eles, no tramo final da primeira parte, mantiveron ese bloque defensivamente, pero na segunda abríronse, houbo máis espazos, soubemos aproveitalos, chegaron dous goles case seguidos e puideron chegar máis. Non estivemos acertados despois do 3-0 cara á portería, pero puideron chegar, para min, un par de goles máis. Foi cando se abriron, non sabían como pararnos, tiñamos a pelota, soubemos aproveitar os espazos e estivemos ben.

Potencial dos xogadores do Tarazona. Gustáronme moito como equipo. Gustáronme moito todos, destacando os tres de arriba e Moustapha, porque é unha roca no medio, abarca moito campo, vai duro, estaba a apertar en todo momento e gustoume moito. Teñen dous extremos rapidísimos e os tres dianteiros levan máis de dez goles, así chegaron aos 60 goles na tempada, que non é sinxelo chegar a esas cifras.

Presión en ambos polo resultado. Supoño que sentirán a presión de ter que gañar obrigatoriamente, porque agora están por detrás. Sentirán esa presión, pero nós sentimos a presión de ser o Compostela e ter que gañar. Non imos alá a meternos atrás, seguir 0-0 e a ver que pasa, imos alá a gañar. Espérome un partido aberto, equipos que ataquen, que queiran gañar ambos, cada un co seu estilo, á súa maneira de xogar, e espérome un gran partido. Esperemos que estea controlado polo Compostela. Sabemos as nosas armas, as debilidades do Tarazona e hai que aproveitalas.

Un Tarazona que non desiste. Son bastante competitivos. Apertan e non desisten ata o minuto 90, como comprobamos nos últimos minutos do domingo. Relaxámonos e non pode ser, porque nos pasou factura. Desde o minuto 1 ao 90, agardamos un Tarazona que veña a apertar, pero tamén se atoparán a un Compostela que irá apertar, non imos esperar a que nos fagan dano. Queremos facer dano para finalizar canto antes a eliminatoria.

Agora estamos por diante na eliminatoria. É verdade que acabamos o partido con rabia, porque tiñamos o 3-0, e mesmo o 3-1 era mellor, evidentemente, que o 3-2. Pero logo, pasan os minutos, arrefrías, falas cos compañeiros e co míster e valoras o que tes. Antes da eliminatoria iamos perdendo, empezamos o partido por detrás do Tarazona, sabiamos que un partido tiñamos que gañar si ou si, e fixémolo. Cando te das conta de que o lograches, afrontas o segundo partido sen esa presión de gañar, que imos a iso, pero cumprimos o papel que tiñamos que facer. Estamos con rabia, moita rabia, pero como di o míster, a rabia gardámola para o sábado.

Apoio da afección. Estamos a saber que o club está a facer xestións para levar á xente, poñer buses para que vaian e o que queremos é que vaian os máximos posibles. Agradecer á afección polo desprazamento, porque non está á beira, e canta máis xente, máis motiva a un xogador. Non sei o que nos espera en Tarazona, pero canta máis xente haxa nun estadio, persoalmente, sempre me motivou máis.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.