Péchase unha gran primeira edición da Compos Escola

31 de Maio de 2023
Dani Gesto cos participantes da última xornada da Compos Escola en A Grella
Stily, na súa formación
Luis Bonilla durante a súa presentación
Última xornada da Compos Escola con membros da Canteira Picheleira
Lino Estévez na Compos Escola
Alexis Padrón na Compos Escola
David Solleiro, do Olympique de Marsella, na Compos Escola
Borja Facal, na sesión de Dumbría da Compos Escola
  • A última sesión da Compos Escola celebrouse en A Grella con Luis Bonilla e Stily

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Coa quinta e última xornada da Compos Escola deuse por pechado, este pasado martes 30 de maio, a primeira edición dun novo formato formativo, posto en marcha esta tempada, pola Canteira Picheleira. Unha iniciativa que tiña por obxectivo a formación dos adestradores do propio club, así como dos técnicos dos equipos da contorna.

A proposta, nacida dentro do seo dos propios adestradores da Canteira Picheleira, serviu como punto de encontro entre formadores da base e tamén dos clubs conveniados, que se foron sumando de xeito paulatino a esta convocatoria. Ademais, dentro destas xornadas, deixouse a porta aberta ao acceso de adestradores doutros clubs con interese en cada unha das temáticas propostas.

 

Unha iniciativa formativa da Canteira Picheleira

 

Pola Compos Escola, nesta primeira edición, pasaron Lino Estévez, da Escola de Fútbol Denis Suárez; Alexis Padrón, de INEF Coruña; David Solleiro, do Olimpique de Marsella; Borja Facal; e, nesta última xornada, Luis Bonilla, do RC Celta C – Gran Peña; e Antonio “Stily”, adestrador do Galicia de Mugardos.

Nestas cinco sesións, as temáticas versaron dende a organización e estruturación dun club de fútbol base, pasando polo adestramento de capacidades condicionais, o adestramento e coñecemento do xogador a nivel micro ata a xestión persoal dos xogadores.

Todas estas actividades enriqueceron os encontros programados, aportando coñecementos de relevancia para o traballo do día a día dos nosos adestradores cos xogadores e xogadoras da Canteira Picheleira.

Ademais, dentro desta actividade, queremos agradecer o apoio de dous establecementos que acolleron todas as xornadas, agás a celebrada en Dumbría. Por un lado, A Nave de Vidán, que se encargou das tres primeiras citas, e, polo outro, Brasería A Grella, na que se pechou este ciclo. Ambos locais son patrocinadores do club e sempre están ao dispor para colaborar con todo tipo de iniciativas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.