Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023
Unha vez finalizada a tempada 22/23, Juan Carlos Andrés non continuará como técnico da SD Compostela. O club acordou esta decisión unha vez pechada a campaña, agradecendo o labor realizado polo adestrador vigués nestes dous meses á fronte do equipo.
Juan Carlos Andrés tomou as rendas do plantel a comezos do pasado mes de abril, conseguindo clasificar ao Compos para o playoff de ascenso. Na fase, os nosos, como é ben sabido, quedaron eliminados na primeira rolda contra o Tarazona. En total, Juan Carlos Andrés dirixiu ao equipo branquiazul en oito encontros, logrando tres vitorias.
A SD Compostela recoñece o compromiso, traballo e dedicación de Juan Carlos Andrés polo ben do club neste tempo. Así mesmo, deséxalle a maior das sortes para o seu futuro persoal e deportivo.
Moitas grazas, Juan Carlos.