Darío repite premio: é o Jugador Cinco Estrellas da Tempada

31 de Maio de 2023
Acompañaron a Darío os seus compañeiros de equipo
Darío con Txus Sáez, de Fútbol Mahou no Pub Lucille
Darío co premio do Jugador Cinco Estrellas
  • O dianteiro, pichichi do equipo, foi reelixido pola afección cos seus votos en Twitter como Jugador Cinco Estrellas do Compos

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Foi nomeado tras finalizar a primeira volta e volveu a repetir galardón: Darío Germil é o Jugador Cinco Estrellas da SD Compostela na Tempada 22/23. O ariete santiagués foi reelixido pola afección e recibiu o premio, que outorga Fútbol Mahou, esta tarde no Pub Lucille, nun acto no que estivo acompañado polos seus compañeiros.

Na súa estrea na categoría e coas cores da SD Compostela, Darío Germil demostrou que os grandes dianteiros non entenden nin de idade nin de categoría. O novo ariete santiagués destapouse como unha das revelacións do equipo.

O dianteiro anotou 11 goles en Liga e 1 no playoff, pechando a campaña como un dos máximos goleadores da categoría e como pichichi da SD Compostela. Disputou un total de 33 encontros, 27 deles coma titular, sendo un xogador capital durante todo o ano, tanto pola súa capacidade anotadora como pola súa habilidade para xerar perigo e incomodar ás defensas rivais. Neste sentido, ademais dos seus tantos, acumulou tamén unhas cantas asistencias, así como innumerables ocasións de perigo.

Todo iso fixérono merecedor do premio promovido polo noso patrocinador Mahou, co que se valora ao futbolista máis destacado do Compos nesta Tempada. Así llo recoñeceu a afección compostelanista, achegando a gran maioría dos seus votos, na enquisa realizada no noso perfil oficial de Twitter, á candidatura de Darío.

Tal é o agarimo que lle ten a afección da SD Compostela a Darío Germil que ata lle ten un cántico propio: “DariGol, DariGol, DariGoool”.

E é que o dianteiro encaixou á perfección no Compos. O seu traballo, o seu sacrificio e as súas gañas de aprender, ao que suma a súa enorme calidade, son un exemplo para todos.

Por último, queremos agradecer a Mahou o apoio, unha tempada máis, ao proxecto da SD Compostela, colaborando e patrocinando infinidade de iniciativas, como o Xogada Cinco Estrellas, o quecemento, eventos de animación no Vero Boquete, os ECOvasos do Compos ou a campaña Make Compos Great Again. Neste caso, achegan o seu patrocinio á promoción deste galardón tan especial para os nosos xogadores.

Por iso, con a entrega deste premio, Mahou demostra o seu compromiso co Compos, xerando encontros entre persoas en torno ao fútbol que nos axudan a vivir mellor, porque “O fútbol é mellor cando nos atopamos”. E é que, el Jugador Cinco Estrellas é un premio moi especial co que se quere recoñecer, por unha banda, aos xogadores máis destacados, e por outro, aos seus afeccionados, que son os encargados da elección.

 

Entrega do premio ao Jugador Cinco Estrellas no Pub Lucille.

 

Xunto aos seus compañeiros da SD Compostela, Darío Germil recibiu o trofeo Jugador Cinco Estrellas de mans de Txus Sáez, marketing local e de clientes de Mahou San Miguel, nas instalacións do Pub Lucille.

Ante os medios de comunicación presentes, o dianteiro quixo agradecer a Mahou a organización do trofeo e aos afeccionados por elixilo, unha vez máis.

“É un orgullo recibir este premio, igual que a primeira vez, e, nesta ocasión, o orgullo é dobre, porque demostra que a afección segue contenta comigo, con como xoguei e con como representei ao club. O certo é que notei ese cariño en cada partido toda esta tempada, sobre todo, en San Lázaro. Notaba o apoio cada vez que xogaba, xa fose saíndo de inicio ou dende o banco. A xente animábame sempre, polo que considero que foi unha gozada este ano poder xogar no Compos e en San Lázaro”, sinalou tras recibir o trofeo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Centrados xa en superar o seguinte reto 💙🤍💪 XUNTOS, BUSCAREMOS O TRIUNFO ESTE DOMINGO NA CASA!!!📸 𝐉𝐞𝐬𝐮́𝐬 𝐅𝐢𝐠𝐮𝐞𝐫𝐨𝐚 | Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝑹𝑬𝑺𝑼𝑳𝑻𝑨𝑫𝑶𝑺 𝑪𝑨𝑵𝑻𝑬𝑰𝑹𝑨 𝑷𝑰𝑪𝑯𝑬𝑳𝑬𝑰𝑹𝑨 💙🤍⚽️ Resultados e clasificación para os equipos da base da SD Compostela, que nos trae Milongas Parrillada, tras unha gran fin de semana para os nosos!!!#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💙🤍 UNHA NOVA REVÁLIDA CO PRIMEIRO DERBI DA TEMPADA!!!🆚 Ourense CF 🗓️ 01.10.23⏰ 19.00🏟️ Estadio Vero Boquete🤝 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Auchan 🎟️ Entradas 👉 bit.ly/EntradasvsOurense🙌 LOITAREMOS CON TODO PARA QUE OS PUNTOS QUEDEN NA CASA!!!#composourense #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎫 O número premiado da Rifa de onte foi o 0265!👕 Gaña unha camiseta de adestramento da SD Compostela, a retirar na Tenda Oficial!📢❌ Non se puido anunciar pola megafonía do Estadio durante o partido, xa que se volveu estropear!#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚔️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋 ⚔️💪 TOCA LEVANTAR CABEZA E IR A POLO PRÓXIMO OBXECTIVO!!!⚽️ Comeza xa a semana para os nosos, que prepararán o derbi contra o Ourense CF con cinco sesións de adestramento!!! #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.