O Alto do Vento FS, novo club conveniado coa Canteira Picheleira

1 de Xuño de 2023
Alto do Vento FS, novo club conveniado coa Canteira Picheleira
  • A SD Compostela potenciará a práctica do fútbol sala a través deste novo convenio co Alto do Vento

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2023

A Sociedade Deportiva Compostela e o Alto do Vento FS acaban de formalizar un novo convenio de colaboración, a través do cal o equipo de fútbol sala súmase á rede de clubs conveniados da Canteira Picheleira.

O conxunto de Santiago de Compostela únese ao proxecto de canteira da entidade cunha misión, que ambos clubs se enriquezan deportiva e socialmente.

Así mesmo, mediante este acordo, a SD Compostela impulsa a práctica do fútbol sala na capital galega e a súa comarca, supondo un estímulo para os máis novos e unha oportunidade para realizar un novo deporte en idades de base. Actualmente case un centenar de xogadores da Canteira Picheleira practicaba o fútbol sala no Alto do Vento FS, polo que as sinerxías entre ambos equipos xa estaban moi presentes desde a tempada pasada.

Froito do acordo, a próxima tempada, algúns dos equipos do Alto do Vento competirán baixo o nome da SD Compostela e vestirán as cores branquiazuis que identifican á nosa entidade.

A maiores, con motivo deste convenio asinado, os técnicos e xogadores do Alto do Vento poderanse beneficiar das actividades organizadas pola Canteira Picheleira, gozando de descontos nas devanditas iniciativas, por exemplo, os Campus Xacobeos, cuxa inscrición se atopa aberta nestes momentos.

Nesta liña, tamén poderán participar nas xornadas de formación da Compos Escola e asistir gratuitamente aos encontros que a SD Compostela dispute no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Por último, ambos clubs comprométense á organización de Campus de Fútbol Sala de forma periódica, impulsando, deste xeito, a práctica deste deporte durante os períodos non lectivos para os nenos e nenas.

 

Firma do convenio para un novo club conveniado

 

Para selar o acordo entre a SD Compostela e o Alto do Vento, asinado na Sala de Trofeos do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, estiveron presentes, por parte branquiazul, o presidente, Juan Carlos Gesto, e o vicepresidente, Javier García. Pola súa banda, en representación do club de fútbol sala, asistiron o presidente José Barreiro e o directivo Valentín Presedo.

Con esta firma son dez os equipos, máis a propia SD Compostela, que forman parte da rede de clubs conveniados da Canteira Picheleira: CD Conxo, Milladoiro SD, Amio SD, UD Bastavales, Urdilde SD, SD Escravitude, SD O Pino, Puebla FC, CF Dumbría e Alto do Vento FS.

A eles hai que sumar tamén outro cinco clubs que son colaboradores da Canteira Picheleira: La Salle, Compañía de María, Peleteiro, SD Touro e Santa Marta.

Con estes convenios, preténdese o impulso deportivo na comarca, creando lazos de unión entre os diferentes equipos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.