Manel Menéndez, novo adestrador da SD Compostela

2 de Xuño de 2023
Manel Menéndez Fichaje Compos
  • Manel Menéndez firma polo Compos tras tres grandes campañas no Marino de Luanco

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2023

José Manuel Menéndez Erimia (Avilés, 07/01/1971) é o novo adestrador da SD Compostela para a Tempada 2023/24. O técnico avilesino, gran coñecedor da categoría e con pasado no fútbol profesional como futbolista, firma por unha tempada no club branquiazul. Chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino de Luanco, nas que o seu equipo logrou os seus obxectivos mostrando un gran nivel de xogo.

Manel Menéndez é un técnico novo, que conseguiu deixar o seu sinal alá por onde pasou. Especialmente destacable foi o seu rendemento no Marino de Luanco as tres últimas tempadas, desenvolvendo un nivel futbolístico moi alto, nun equipo con selo propio, destacando a súa capacidade para competir en calquera campo cun fútbol moi vistoso.

Na súa etapa como futbolista, comezou a súa carreira no equipo da súa cidade natal, o Avilés. Tras destacar na súa casa, pasou polas filas do Real Oviedo, onde xogou no seu filial, antes de debutar e facerse un oco no primeiro equipo ovetense. Despois do seu gran rendemento no Oviedo, ficharía en 1999 no Deportivo, conxunto co que lograría o título de liga.

Despois deste éxito, continuaría a súa carreira futbolística no Numancia, Tenerife, Real Oviedo, Hannover 96 (Alemaña), Cidade de Murcia e Eibar, conxunto no que colgaría as botas en 2008, con 493 partidos oficiais ás súas costas, 234 deles na Primeira División.

Como adestrador, Manel Menéndez comezou a súa etapa de técnico igual que como xogador, na súa casa, no Real Avilés. No fútbol base asturiano arrincou a súa carreira como adestrador, pasando polas canteiras dos principais equipos da comunidade, así como pola Selección Asturiana. Daría o salto as categorías sénior no Marino de Luanco, en Terceira División, pasando posteriormente polo CD Praviano e CD Mosconia, tamén no grupo 2 da Terceira División asturiana.

Tras dúas campañas, regresaría ao cargo de primeiro adestrador do Marino de Luanco, levando ao equipo asturiano, en tres grandes campañas, a lograr os seus obxectivos.

No seu primeiro ano, o da pandemia, nunha liga moi complicada, conseguiu clasificar ao Marino para a fase intermedia, na que se mediu ao Compos, empatando en Miramar e gañando no Vero Boquete. Ao curso seguinte, en Segunda RFEF, lograría a salvación co conxunto asturiano, unha tempada na que volveu enfrontarse á SD Compostela, conseguindo unha vitoria en Asturias e un empate en Santiago.

E esta pasada tempada, tamén na Segunda RFEF, conseguiu salvar a categoría con folgura, estando mesmo próximo do playoff de ascenso. Nos partidos disputados contra a SD Compostela logrou senllos empates a un tanto, o último deles, na última xornada de liga.

Coa súa fichaxe como adestrador, a SD Compostela comeza a súa preparación para a Tempada 2023/24. O adestrador avilesino dirixirá ao equipo branquiazul cun obxectivo, loitar polo ascenso a Primeira RFEF.

Benvido a Compostela, Manel!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.