A Canteira Picheleira organiza o I Torneo F8 CC As Cancelas o 17 de xuño

5 de Xuño de 2023
Presentación do Torneo F8 CC As Cancelas 2
Cartel do Torneo
  • O Torneo F8 CC As Cancelas será para categoría Prebenxamín e Benxamín, nunha gran xornada lúdica e festiva

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

A Canteira Picheleira presentou esta mañá a primeira edición do Torneo F8 CC As Cancelas, que organizará o próximo sábado 17 de xuño no campo municipal compostelán. Será unha gran xornada lúdica e deportiva, na que os cativos participantes o pasarán en grande. A competición será para as categorías Prebenxamín (nados en 2015 e 2016) e Benxamín (2013 e 2014).

A xornada no Campo das Cancelas comezará ben cedo e rematará pola noite (de 9.00 a 21.00 horas), nun día no que haberá partidos e emoción, pero tamén actividades lúdicas para o desfrute dos pequenos e pequenas. Será un sábado de convivencia para nenos e nenas, de 6 a 10 anos, no que se fomentarán os valores positivos do deporte.

 

Patrocinado polo Centro Comercial As Cancelas

 

No Torneo F8 CC As Cancelas participarán un total de 24 equipos, doce por categoría, dividindo a xornada en dúas fases. Pola mañá, disputaranse os partidos da Fase de Grupos, divididos os clubs en catro liguiñas de tres conxuntos cada unha. Pola súa banda, pola tarde, chegará a principal novidade.

En función da clasificación da mañá, cada equipo entrará nunha Fase Ouro, Prata ou Bronce, na que se medirá a equipos que quedaran no seu mesmo posto pola mañá. Deste modo, haberá tres equipos gañadores en cada categoría, potenciando a participación de tod@s por igual, xa que disputarán un número similar de encontros.

A inscrición é totalmente gratuíta grazas ao patrocinador do torneo, o Centro Comercial As Cancelas, entidade que volve a colaborar cunha das nosas iniciativas. O establecemento sufragará os gastos de inscrición para premiar aos cativos que participarán nesta gran xornada.

Dentro das novidades, a maiores, os nenos e nenas participantes, pola mañá, poderán desfrutar dun xogo paralelo 2×2. Haberá agasallos asegurados, cun pack de benvida, e faranse competicións reducidas para gañar entradas para CINESA.

Por último, destacar tamén que a entrega de Trofeos, como curiosidade, se fará na planta superior do Centro Comercial As Cancelas, unha vez finalice o Torneo.

 

Presentación do Torneo nas Cancelas.

A primeira edición do Torneo F8 CC As Cancelas foi presentada esta mañá na planta superior do centro comercial, coa presenza de Juan Carlos Gesto, presidente da SD Compostela, e Miguel Calviño, presidente do CD Conxo, en representación da Canteira Picheleira; e de Javier Nicolás, xerente do CC As Cancelas.

 

Sorte a tod@s e que desfrutedes dun gran día este próximo sábado 17 de maio.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts.
Click to show error
Error: Server configuration issue

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.