Pablo Crespo, dous anos máis de branquiazul

14 de Xuño de 2023
Pablo Crespo renova co Compos
  • Pablo Crespo, capital no centro da zaga do Compos este ano, prolonga o seu contrato ata 2025

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

Pablo Crespo seguirá dúas tempadas máis vestido de branquiazul. O central zurdo renovou o seu contrato coa SD Compostela, ampliándoo ata 2025. Capital no eixo da zaga durante toda esta campaña, o defensor cántabro seguirá liderando ao equipo co obxectivo de pelexar polo ascenso á Primeira RFEF.

No seu primeiro ano no Compos, Pablo Crespo demostrou esas calidades que o definen como un dos defensores máis destacados da categoría. A súa xerarquía, capacidade no xogo aéreo, experiencia, así como a súa gran saída de balón, foron fundamentais ao longo deste pasado ano.

Deste xeito, pechou a pasada tempada con 29 encontros disputados, todos eles como titular, para un total de 2.538 minutos de xogo. Ademais, anotou un gol, curiosamente, no seu debut oficial na Liga coa SD Compostela.

Ese gran rendemento na defensa fixérono merecedor da candidatura para o Jugador Cinco Estrellas da campaña. Un nivel moi alto que tentará seguir mostrando no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 days ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.