Riki Mangana renova por un ano e apuntala a defensa da SD Compostela

7 de Xullo de 2023
Riki Mangana renova coa SD Compostela
  • Riki Mangana amplía o seu contrato ata 2024 e completa así a parcela defensiva do equipo

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

Riki Mangana seguirá un ano máis defendendo a camiseta da SD Compostela. O lateral destro, tras unha gran campaña, renova o seu contrato ata 2024. Desta forma, o Compos completa a súa defensa para a Tempada 23.24, na que pelexará por ascender á Primeira RFEF.

Riki Mangana foi un dos xogadores con maior protagonismo durante o pasado curso. A pesar de que chegou xa iniciada a pretempada, asentouse rapidamente no once branquiazul, xa desde o inicio. Así, disputou todos os encontros de Liga e do playoff, partindo sempre de inicio, salvo en tres ocasiones. En total, nos 36 encontros disputados, 26 deles completos, acumulou 2.873 minutos de xogo.

Durante todo o ano, Riki demostrou as súas calidades defensivas, así como a súa capacidade para proxectarse en ataque, chegando ata liña de fondo e mesmo percutindo na área. Nesa faceta, finalizou a tempada con dúas asistencias. E, ademais, tamén mostrou a súa polivalencia para adaptarse a ambos laterais, xogando en ocasións pola banda esquerda.

Por tanto, o mozo vigués, cunha ampla experiencia na Segunda B, seguirá achegando experiencia e poderío físico ao equipo, subindo a banda do Vero Boquete en continuas ocasións.

Coa súa renovación, a SD Compostela dispón xa de 18 xogadores con contrato en vigor para a próxima campaña: Pato, Borja Rey, Riki Mangana, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Jaime Santos, Pep Caballé, Elliot, Parapar e Manu Barreiro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.