Jaime Santos seguirá demostrando a súa calidade na SD Compostela

6 de Xullo de 2023
  • Jaime Santos renova por unha tempada

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023

Jaime Santos seguirá na SD Compostela na Tempada 23.24. O mediocentro asturiano, tras chegar ao Compos no pasado mercado invernal, amplía o seu contrato co club ata 2024. Seguirá así demostrando a calidade que atesoura, como mostrou na recta final da pasada campaña.

A pesar de ser un dos últimos en chegar á disciplina da SD Compostela, Jaime Santos, en apenas catro meses de competición, puxo sobre o verde as credenciais que abalaban a súa fichaxe. Un xogador polivalente, quen de adaptarse a diferentes posicións no mediocentro e que mesmo chegou a xogar de dianteiro, con capacidade para a creación de xogo, para dar o último pase e con gol.

Así, desde que chegou a Santiago, só se perdeu un encontro, finalizando o ano con 639 minutos de xogo en 15 partidos, sete deles partindo de inicio. Ademais, marcou 5 goles, o primeiro no seu debut e despois en catro encontros consecutivos na recta final da liga.

Desta forma, ademais de achegar ao equipo coa súa calidade e saber facer, tamén lle dará experiencia, xa que conta cun pasado importante na Segunda B e tamén en competicións internacionais, xogando nas ligas de India e Bolivia.

Coa súa renovación, a SD Compostela conta xa con 17 xogadores con contrato en vigor para a próxima campaña: Pato, Borja Rey, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Jaime Santos, Pep Caballé, Elliot, Parapar e Manu Barreiro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.