Manu Barreiro, un goleador nato para a dianteira da SD Compostela

5 de Xullo de 2023
Manu Barreiro, novo xogador da SD Compostela
  • Manu Barreiro chega ao Compos tras disputar as dez últimas tempadas en Segunda División e firma por 3 tempadas

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

Manuel Barreiro Bustelo (Santiago, 08.07.1986) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 23.24. O dianteiro compostelán, tras disputar as dez últimas campañas na Segunda División, chega ao Compos cun obxectivo claro: achegar ao equipo dos seus amores ao fútbol profesional que tantos éxitos lle deu.

Coa fichaxe de Manu Barreiro, o Compos refórzase cun goleador nato, un ariete cunhas capacidades e unha calidade máis que contrastadas e que se comprometeu co club para as próximas tres tempadas.

Aos seus 36 anos, Manu Barreiro aínda ten moito fútbol por diante. A experiencia é un grao, como demostrou nos seus últimos cursos no CD Lugo, sendo unha peza fundamental do proxecto lucense. Por iso, firma ata 2026.

A súa incorporación á SD Compostela supón tamén o seu regreso ao equipo que o viu crecer, no que xogou ata o primeiro ano da categoría Cadete, dende onde saltou á canteira do Real Madrid.

 

Dez tempadas completas e 304 encontros na Segunda División.

Manu Barreiro atesoura nas súas botas nada menos que 304 encontros disputados na Segunda División, aos que suma outros 71 na Segunda B e 14 da Copa do Rey. Ademais, nos seus inicios, tamén destacou durante varias campañas na Terceira División.

A longa traxectoria de Manu Barreiro no fútbol nacional comezou no filial do Valencia, nuns primeiros anos como sénior nos que pasaría por Lalín, Alxeciras, Cádiz, Xerez Industrial e Zamora. Aínda moi novo, nesa etapa, na que se asentou na Segunda B, xa conseguiu debutar en Segunda División, disputando sete encontros co Cádiz, anotando incluso un gol.

Con todo, regresaría a Galicia en 2010 para impulsar o seu camiño dende Terceira División. Ese ano ficharía no Cerceda, co que conseguiría 20 goles; ao curso seguinte polo Pontevedra, anotando outros doce; e no 2012 polo Racing Club de Ferrol, no que marcou 23 goles e ascendeu á Segunda B. E na división de bronce, co conxunto departamental, volveu sobresaír, marcando 21 tantos e sendo o puntal dun equipo que estivo a piques de subir á Segunda.

A pesar de non logralo co equipo, Manu Barreiro si recibiu a oportunidade de ascender ao fútbol profesional, e fíxoo da man do Deportivo Alavés. En Vitoria estaría dúas campañas e media, conseguindo un ascenso á Primeira División, aínda que non chegaría a debutar. En Mendizorroza concluiría a súa etapa con 63 encontros disputados en Segunda, nos que anotou 16 goles.

Do Alavés ficharía polo Nástic de Tarragona, tamén na Segunda División, no que estaría dous anos. No seu primeiro curso, tras chegar en xaneiro, xogaría 19 encontros e marcaría 5 tantos. No seu segundo, 39 duelos con 10 goles. E no terceiro, ata xaneiro, 20 partidos e un gol.

Nese mes de xaneiro de 2019 recalaría no Lugo, e na cidade amurallada comezaría unha etapa idílica ata este verán, logrando que o equipo se mantivese na división de prata do fútbol nacional ata este 2023. Nese medio ano inicial, participaría en 15 encontros, marcando dous goles. Na súa primeira tempada completa, 36 encontros e 7 tantos. Na segunda, 37 partidos e 12 chicharros. Na terceira, 36 partidos, con 7 dianas. E nesta última, a cuarta, 32 encontros con 1.586 minutos de xogo, e 2 goles.

En total foron 156 partidos disputados co CD Lugo na Segunda División, marcando 30 goles e sendo unha referencia do ataque lucense.

 

Con toda esa experiencia, Manu Barreiro ficha no Compos co reto de encabezar un proxecto ilusionante e axudar ao equipo a conseguir o ascenso á Primeira RFEF, achegando todo o seu bo facer e a súa capacidade goleadora.

Coa súa fichaxe, a cuarta deste verán, a SD Compostela conta xa con 16 xogadores con contrato en vigor para a próxima campaña: Pato, Borja Rey, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Damián, Martín, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Pep Caballé, Elliot, Parapar e Manu Barreiro.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Centrados xa en superar o seguinte reto 💙🤍💪 XUNTOS, BUSCAREMOS O TRIUNFO ESTE DOMINGO NA CASA!!!📸 𝐉𝐞𝐬𝐮́𝐬 𝐅𝐢𝐠𝐮𝐞𝐫𝐨𝐚 | Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝑹𝑬𝑺𝑼𝑳𝑻𝑨𝑫𝑶𝑺 𝑪𝑨𝑵𝑻𝑬𝑰𝑹𝑨 𝑷𝑰𝑪𝑯𝑬𝑳𝑬𝑰𝑹𝑨 💙🤍⚽️ Resultados e clasificación para os equipos da base da SD Compostela, que nos trae Milongas Parrillada, tras unha gran fin de semana para os nosos!!!#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💙🤍 UNHA NOVA REVÁLIDA CO PRIMEIRO DERBI DA TEMPADA!!!🆚 Ourense CF 🗓️ 01.10.23⏰ 19.00🏟️ Estadio Vero Boquete🤝 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Auchan 🎟️ Entradas 👉 bit.ly/EntradasvsOurense🙌 LOITAREMOS CON TODO PARA QUE OS PUNTOS QUEDEN NA CASA!!!#composourense #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎫 O número premiado da Rifa de onte foi o 0265!👕 Gaña unha camiseta de adestramento da SD Compostela, a retirar na Tenda Oficial!📢❌ Non se puido anunciar pola megafonía do Estadio durante o partido, xa que se volveu estropear!#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚔️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋 ⚔️💪 TOCA LEVANTAR CABEZA E IR A POLO PRÓXIMO OBXECTIVO!!!⚽️ Comeza xa a semana para os nosos, que prepararán o derbi contra o Ourense CF con cinco sesións de adestramento!!! #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.