A SD Compostela segue a súa folla de ruta para a transformación en SAD

3 de Xullo de 2023
Celebrouse a Asemblea Xeral do Compos
  • O club celebrou hoxe a súa Asemblea Xeral na que se decidiu abrir o proceso electoral para o nomeamento dunha nova Xunta

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2023

A Sociedade Deportiva Compostela celebrou hoxe a súa Asemblea Xeral no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. A Asemblea celebrouse en sesión ordinaria e extraordinaria, establecendo, por amplo acordo maioritario, a folla de ruta a seguir para a transformación da entidade en Sociedade Anónima Deportiva (SAD).

Ademais de estipular o camiño que levará ao Compos á súa conversión en SAD, na Asemblea decidiuse abrir o prazo para a celebración de eleccións á presidencia da SD Compostela. Do mesmo xeito, nomeouse unha comisión xestora, que dirixirá o club ata o día das eleccións.

Todos os puntos da Asemblea foron aprobados por unha ampla maioría.

 

Aprobación das contas na sesión ordinaria.

 

A Asemblea Xeral iniciouse coa celebración da sesión ordinaria, na que se ratificou a entrada e nomeamento dos novos socios do club. Nela, ademais, foron aprobadas as contas anuais propostas, correspondentes aos anos 2019, 2020, 2021 e 2022, así como as memorias descritivas de actividades das tempadas correspondentes.

Como último punto da sesión, foi aprobado tamén o orzamento da tempada 23.24 para a súa posterior presentación nos rexistros pertinentes.

 

Os socios acordan a modificación dos estatutos e convocan as eleccións.

 

Unha vez celebrada a sesión ordinaria da Asemblea Xeral, celebrouse outra extraordinaria, na que se examinaron e aprobaron modificacións nos estatutos da entidade.

Entre os acordos adoptados nesta sesión extraordinaria da Asemblea Xeral, pola ampla maioría dos socios, destacou a aprobación da transformación do club en Sociedade Anónima Deportiva.

Así mesmo, tamén se acordou o establecemento dun novo sistema para o nomeamento da Xunta Directiva da SD Compostela. Deste xeito, aprobouse que o modelo para seguir sexa mediante un procedemento de candidaturas completas e pechadas, xurdidas do propio proceso electoral.

Unha vez acordado este punto, produciuse o cesamento de toda a Xunta Directiva actual, así como o nomeamento dunha Xunta Xestora, a cal estará á fronte da entidade ata a toma de posesión da nova directiva. Para iso, aprobouse a apertura do procedemento electoral para o nomeamento do novo órgano reitor do club. As eleccións celebraranse o luns 25 de setembro.

A futura Xunta Directiva, xunto cos novos órganos de xestión do club que desde esta xunta se establezan, liderarán a transformación do Compos en SAD.

Nesta liña, mantense a folla de ruta anunciado polos novos socios nas anteriores reunións cos abonados. Trala súa entrada no club, o Compos segue avanzando cara á súa conversión en SAD, un proceso fundamental para garantir o crecemento da entidade.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.