Péchase unha gran primeira tempada da Canteira Picheleira

30 de Xuño de 2023
Canteira Picheleira: Liga do Infantil A
Copa do Sar para o Infantil B do Conxo Santiago
Terceiro ascenso da Canteira Picheleira: o do Xuvenil B da SD Compostela
Canteira Picheleira: Ascenso Infantil B Compos
  • Canteira Picheleira: tres ascensos, unha Copa do Sar e presenza en todas as principais ligas

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

Pechouse a primeira tempada da Canteira Picheleira, un ano de grandes éxitos para os nosos que se pechou da mellor maneira, co ascenso do Xuvenil B da SD Compostela á Liga Galega. Foron tres ascensos, unha Copa do Sar e, o máis importante, lograr ter aos equipos en todas as principais ligas de categorías inferiores de Fútbol-11.

Precisamente, o último logro da Canteira Picheleira era un dos máis buscados polos nosos. O ascenso a Liga Galega do Xuvenil B era un obxectivo dende hai anos e por fin se logrou. Tras acabar segundos, o Compos foi quen de superar dúas eliminatorias e dar o salto de categoría, clave para que o chanzo a División de Honra sexa menor.

Mención destacada tamén merece o Infantil A da SD Compostela, capaz de ascender á liga Galega despois de gañar a competición ligueira e superar con claridade ambas eliminatorias do playoff. Precisamente, na gran final mediuse a outro dos nosos, o Infantil B do Conxo, quen tamén realizou unha magnífica tempada.

Un éxito para ambos da Canteira Picheleira que chegaron ata a última rolda e, aínda que se merecían o salto de categoría, só podía ascender un.

En todo caso, non foi o único logro do Infantil B do Conxo, que acadou a Copa do Sar, despois de superar na final ao Sar Extramundi. Un torneo histórico no que foron avanzando roldas, a pesar de estar inmersos en plena fase de ascenso e na que levaron o premio final.

Pola súa banda, favorecidos polo ascenso do Infantil A, tamén conseguiu o ascenso o Infantil B da SD Compostela, no seu caso, á Primeira Galicia. Os nosos, tras quedar segundos en Liga, disputaron o playoff no que se impuxeron ao Sar Extramundi e ao Rois, pechando unha gran fase que acabou da mellor maneira.

Foi un ascenso en diferido, xa que tras completar o seu traballo tiveron que agardar unha semana máis para poder celebrar o seu éxito, dada a necesidade de que subise o equipo A.

 

Representación nas principais ligas de base.

 

Ademais dos citados, os principais equipos da base conseguiron manter as súas categorías, polo que a Canteira Picheleira estará representada nas categorías máis altas de Fútbol-11 durante a próxima tempada.

A base da SD Compostela e do Conxo Santiago mantén un equipo en Preferente; en xuvenís, un en División de Honra, outro en Liga Nacional e agora dous en Liga Galega; en cadetes, un en División de Honra e dous en Liga Galega; e en infantís, un en División de Honra e outro en Liga Galega. A eles súmanse os equipos en ligas locais.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos desfrutan hoxe da xornada de descanso, para comezar a preparar desde mañá o último encontro da primeira volta🏟️ Cinco sesións para buscar o triunfo na estrea na nosa casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 O Compos iniciou o 2026 da mellor maneira: nova vitoria para seguir invictos e nova portería a cero👉 sdcompostela.com/gl/2026/01/11/dobrete-anton-guisande-0-2-2026/📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALClub Deportivo Estradense 0️⃣- 2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeA MELLOR MANEIRA DE COMEZAR O 2026! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍Cuarta vitoria seguida e de novo coa portería a cero 💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metade 💪⚽️ Seguimos ata o final📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOClub Deportivo Estradense 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Antón Guisande📸 Nacho Castaño #estradensecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.