Jaime Santos, un reforzo de calidade para a medular da SD Compostela

20 de Xaneiro de 2023
Fichaxe Jaime Santos
  • Con ampla experiencia na Segunda B e no fútbol internacional, firma ata final de tempada

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

Jaime Santos Colado (27/04/1995) é novo xogador da SD Compostela. O talentoso futbolista ovetense, que se atopaba sen equipo, chega ao club para reforzar a medular coa súa calidade, desequilibrio e capacidade goleadora. Aos seus 27 anos, conta cunha dilatada traxectoria no fútbol nacional e internacional. Firma ata final de tempada.

Jaime Santos pode actuar como mediocentro ou mediapunta, e mesmo en posicións máis avanzadas, destacando por ser un creador de xogo, un futbolista cheo de calidade, con bo pé, capacidade para o último pase e con gol, como mostrou nos diferentes equipos polos que pasou. Estas calidades foron valoradas polo director deportivo e o corpo técnico para afrontar a súa incorporación ao equipo.

A súa carreira deportiva, partindo desde Mareo, arrincou no filial do Real Sporting, no que estivo tres campañas, disputando 101 partidos e anotando 18 goles. As dúas primeiras disputounas en Segunda División B, mentres que a terceira e última foi na Terceira División, aínda que logrando o ascenso á división de bronce do fútbol nacional.

O gran rendemento alcanzado en Xixón fixo que o Mirandés chamase á súa porta, na Tempada 17-18. En Anduva participou en dezaoito partidos, en Segunda B, sendo partícipe do ascenso do equipo á Segunda División.

Nese momento, decidiu coller as maletas e emprender unha nova aventura no estranxeiro. Fichou en East Bengal da India, onde disputou 29 partidos, materializando 11 goles ata a pausa obrigada pola pandemia.

Tras eses dous anos, en xaneiro de 2021, marchouse a outro continente para enrolarse nas filas do Atlético Palmaflor boliviano, no que, nun ano, tamén disputou 29 encontros, selando 8 goles e 7 asistencias. Ademais, xogou outros dous encontros, cunha asistencia, na Copa Suramericana, segunda competición continental de Sudamérica.

Unha vez terminado o seu ano en Bolivia, o pasado mercado invernal fichou no CD San Fernando, de Primeira Federación, disputando a segunda volta da liga. Nesa metade de curso, participou en once partidos, anotando dous goles e dando unha asistencia.

Con este selo e tras medio ano sen xogar, chega á capital galega con moitas gañas de seguir demostrando o seu nivel competitivo e de xogo, axudando ao club a conseguir os seus obxectivos. Para iso, esta noite chegará a terras galegas e mañá xa coñecerá aos seus compañeiros, previo recoñecemento médico.

Coa súa firma, o plantel da SD Compostela está integrada agora por vinte xogadores: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Riki Mangana, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan, Jaime Santos, Mario Rodríguez, Elliot, Cano, Parapar, Darío e Allyson.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián Noya📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 ATA O FINAL!! 💪 CON TODO E A LOITALO ATA O ÚLTIMO SEGUNDO!!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.