Fabiano: “Traballamos duro para gañar este partido”

20 de Xaneiro de 2023
  • A SD Compostela quere comezar a segunda volta cunha vitoria, na casa, ante o Oviedo Vetusta

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

A SD Compostela inicia este domingo, na casa, a segunda volta da liga. Os nosos, tras pechar a primeira parte do curso cunha gran xeira de resultados queren prolongar o seu bo momento. Coa misión de parar a un Oviedo Vetusta tamén lanzado, Fabiano espera un Compos sólido, capaz de dominar o partido, aproveitando tamén o apoio da afección.

Estado do plantel. Allyson e Parapar adestraron hoxe mal, pero, a priori, poderán ir convocados. Jordan está a recuperarse, pero aínda non poderá ser da partida. Os demais estamos todos, e contento.

Oviedo Vetusta. Escolleron agora unha maneira de xogar que lles están dando uns resultados moi bos e estanos impulsando. É un filial que ten moita calidade e poñerannos as cousas difíciles. Xogan mesmo mellor fóra, que na casa, e estamos a traballar para tentar bloquear ese ataque tan potente que están a ter. Teñen un xogador portugués que leva dous partidos facendo goles, pero nós tamén temos xente que lle poden crear perigo a un equipo como este. Tentarémolo, pero será un partido complicadísimo.

Potencial do rival. Gústame a dinámica e a calidade. Para estar aí teñen que ter moita calidade. Ademais, son novos, moi dinámicos, gústanme bastante, pero gústame máis o meu equipo. Non temos a Crespo esta semana, pero entrará alguén da miña confianza e que cumprirá.

Cambios para as baixas. Crespo é o central zurdo, polo que teremos que improvisar a alguén aí para xogar, pero quen entrará aí confío nel. E con Jordan facemos un parche, pero a xente que está a xogar aí está a facelo ben. Os minutos que nos dan os dous xogadores que se están adaptando ao posto son favorables e estou contento. Montaremos o mellor equipo para gañar, porque todos o queremos e traballamos duro para iso.

Claves do partido. Sinceramente, pola dinámica e os xogadores, non se van a encerrar atrás, presionarán arriba, quererán ser protagonistas do partido e estamos a traballar para que non o sexan. A ver se somos quen, pero espero un rival valente, como en todo o campionato.

Jaime Santos. O que veña, que achegue algo para subir o nivel dos adestramentos do equipo e, ademais, nos, partidos nos achegue a súa calidade. Onte estiven a ver os seus vídeos, leva tempo sen xogar, pero está a adestrar e oxalá que nos achegue o seu gran de area a este equipo. A ver se nos dá un plus para seguir nesta liña ascendente que estamos.

Características. É un xogador con calidade, que nos pode axudar xuntándoo aos outros que temos, pode darnos bo fútbol e claridade en ataque. Despois, o fútbol tamén son outras cousas, como o xogo sen balón, a ver se somos quen de que nos dea potencial por aí, que espero que si. Ten calidade para xogar de mediapunta, pero polo que vin, véxoo máis de medio. Coa súa calidade pódese adaptar a ambos postos. Temos que coñecelo no día a día, a ver se se adapta ás nosas necesidades, que veña e nos axude, iso é o importante.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.