Samu Araújo, novo xogador da SD Compostela

3 de Agosto de 2023
Samu Araújo, novo xogador da SD Compostela

Samu Araújo, lateral esquerdo, con ampla experiencia en Segunda B, firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2023

Samuel Araújo Fernández (Vigo, 09.12.95) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 23.24. O lateral esquerdo, con ampla experiencia en Segunda B, firma por unha campaña, ata 2024.

Samu Araújo é un lateral con gran proxección ofensiva, bo toque de balón e unhas grandes calidades para o golpeo, tanto no balón parado como para poñer centros á área. Ademais, tamén posúe unhas extraordinarias condicións defensivas e destaca tamén pola súa experiencia e polivalencia, xa que tamén pode actuar como central zurdo. Todo iso levou á dirección deportiva a afrontar a súa fichaxe para completar a zaga branquiazul.

Aos seus 27 anos, chega á SD Compostela tras dúas campañas no Pontevedra, a primeira en Segunda RFEF, logrando o ascenso co cadro granate, e esta última en Primeira RFEF. En ambos anos foi un fixo nos onces granates, acumulando 49 partidos disputados (27 na primeira e 22 na segunda), a amplisíma maioría deles como titular.

Anteriormente, Samu Araújo formouse na canteira do RC Celta de Vigo, onde coincidiu con varios dos seus novos compañeiros. Tras dar o salto desde xuvenís, incorporouse ao Celta B, en Segunda B. Estaría catro tempadas e disputaría 94 encontros, debutando tamén co primeiro equipo en 2015, en San Mamés, nos Oitavos de Final da Copa do Rey.

Tras acumular grandes campañas, en 2017 deu o salto á canteira do FC Barcelona, fichando polo Barça B de Segunda División, aínda que tan só disputaría un encontro en todo o curso. E da cidade condal, pasaría a outra gran canteira nacional, a do Atlético de Madrid, para xogar no seu filial. No Grupo I de Segunda B, co equipo colchoneiro disputaría 35 encontros, todos menos un coma titular, marcando dous goles e disputando a Fase de Ascenso a Segunda.

Tras ese gran ano, daría o salto a Polonia, para asinar unha breve estancia no Arka Gdynia, regresando no mercado invernal á Cultural Leonesa, onde estaría un ano e medio. En terras leonesas disputaría 21 encontros entre Segunda B e Copa do Rey.

Coa súa fichaxe, Manel Menéndez conta con 19 xogadores para iniciar unha ilusionante Tempada 23.24: Pato, Borja Rey, Riki Mangana, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Martín, Samu Araújo, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Jaime Santos, Pep Caballé, Parapar, Juampa, Fran López e Manu Barreiro.

Samu Araújo incorporarase aos adestramentos do equipo nos próximos días.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

27 minutes ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.