Manel Menéndez, á fronte cun gran equipo técnico na SD Compostela

4 de Agosto de 2023
Equipo Técnico da SD Compostela
Jesús Marque, Germán Pérez, Pablo Castro e Pablo Suárez, do equipo técnico da SD Compostela
  • Jesús Marque seguirá dirixindo o corpo médico do Compos

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023

Manel Menéndez non estará só na súa etapa na SD Compostela. Á fronte do banco do Compos, o novo adestrador branquiazul contará cun gran equipo técnico. Xuntos, buscarán sacarlle o máximo rendemento ao plantel para lograr os obxectivos marcados.

Un curso máis, como Segundo Adestrador estará José Manuel Rodríguez ‘Cardeñosa’. O exxogador da SD Compostela acompañará a Manel neste novo camiño, sendo a súa man dereita. O técnico da Pobra, que colleu as rendas do equipo o pasado ano durante tres encontros, conta cunha gran experiencia no fútbol galego, tanto como futbolista como nos bancos.

De Preparador Físico estará Pablo Fernández Suárez. O mozo técnico acompañou a Manel durante estes últimos anos en terras asturianas e agora incorpórase con el á SD Compostela.

Como Adestrador de Porteiros, Pato Guillén e Borja Rey estarán preparados, unha campaña máis, por Pablo Castro. O exarqueiro galego, con pasado como futbolista no Compos, seguirá un curso máis sacándolle o máximo rendemento aos nosos metas.

O cadro técnico completarase con Víctor Suárez, adestrador que cumprirá a función de Analista e que tamén apoiará a Manel durante os adestramentos. Conta con experiencia dirixindo á SD Dubra en Preferente e nas categorías inferiores do ED Xuventude Oroso. Ademais, tamén será o Masaxista do club.

Ao cadro médico tamén se incorpora Germán Pérez. O xogador ourensán, con pasado na SD Compostela e unha ampla traxectoria no fútbol galego, especialmente no CD e UD Ourense, regresa á capital galega para ser o Fisioterapeuta do equipo.

E, á fronte do equipo médico estará, unha campaña máis, Jesús Marque. Un ano máis estaremos nas mellores mans co experimentado doutor, unha eminencia no campo da medicina deportiva e que coñece moi ben a casa, debido a que anteriormente foi tamén un destacado futbolista da SD Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍 Xornada de convivencia dos nosos na Senda do PoolUnha vez máis, queremos agradecer ao noso establecemento colaborador por acollernos no seu localCollemos impulso para unha tempada ilusionante! 🚀 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A SD Compostela realizou esta mañá unha ofrenda ao Apóstolo SantiagoNa Catedral, recibiunos o seu deán, Manuel Jesús Formoso, quen desexou moita sorte ao equipo para esta Tempada 26/27 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 1🩵🤍 O técnico valorou a pretempada, o inicio da Liga e a importancia de conectar coa afección desde o comezo👉 A rolda de presa tivo lugar no Restaurante San Jaime, patrocinador do club ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📸🩵🤍 ROQUE, TEOFILOVIC E IAGO DOMÍNGUEZ SON XA BRANQUIAZUIS!✅ Os tres están preparados para o comezo da Liga! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Roque, Iago Domínguez e Teofilovic🩵🤍 As tres últimas fichaxes do Compos foron presentadas no Restaurante La Planta, novo patrocinador do club👉 Acompañounos José Antonio Vilaseco, propietario do establecemento compostelán ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.