Presentado o VII Memorial Antonio Bermúdez

7 de Agosto de 2023
  • Mañá, o Compos medirase ao Celta no Vero Boquete no VII Memorial Antonio Bermúdez

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2023

A SD Compostela xogará mañá un partido moi especial, o VII Memorial Antonio Bermúdez, que está patrocinado por Cobre San Rafael. Chega ao Vero Boquete, ás 20.00 horas, o RC Celta de Vigo, un duelo contra un equipo de Primeira División para testear o nivel dos nosos nesta pretemporada.

O encontro será o último que dispute o cadro olívico, no seu ano do centenario, antes de comezar a liga, esta fin de semana, o que supón tamén outro gran aliciente para o enfrontamento.

Será a primeira visita do primeiro equipo do Celta a esta cita ineludible no calendario estival do club, coa que se lembra a figura dun gran amigo como era Antonio Bermúdez.

O encontro foi presentado esta mañá no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, nun acto no que estivemos acompañados por Pilar Lueiro, concelleira de Deportes de Santiago; Pablo Núñez, de Cobre San Rafael; e Toño Bermúdez, fillo do homenaxeado. Ademais, tamén estiveron presentes, por parte do club, Miguel Fernández, director de márketing; e Manel Menéndez, adestrador do Compos.

 

Compra de entradas

A compra de entradas para o partido está habilitada tanto de forma en liña como presencial.

Mañá poderanse adquirir nos despachos de billetes, a partir das 18.45 horas.

Pola súa banda, a compra de entradas por Internet está habilitada na plataforma Cluber, na seguinte ligazón: https://bit.ly/EntradasvsCelta.

O prezo é de 15€ a entrada xeral, 12€ para abonados do RC Celta, 10€ con Carné Xove e 5€ para menores de entre 3 e 16 anos.

Cabe destacar que os Abonados da SD Compostela entran gratis. O abono pódese realizar en liña, na ligazón https://bit.ly/AbonateaoCompos, na Oficina, de 9.00 a 15.00 horas; ou na Tenda Oficial, aberta de luns a sábado (mañá, polo partido, pechará ás 15.00 horas).

 

Valoración de Manel Menéndez

Durante a presentación do Trofeo, o técnico compostelanista tamén valorou esta gran cita para os nosos.

“A pretempada é un proceso lento, aínda que está a pasar bastante rápido. Tiña a idea moi clara, sei o que quero do equipo, sei o que había e o que hai, un equipo con moita calidade, que quere xogar, pero quero manter un nivel de competitividade e compromiso defensivo, porque ofensivamente temos moita pegada. Imos collendo os automatismos e dando pasiños en cada partido”, sinalou o técnico.

En canto ao encontro contra o Celta destacou que “é un partido que ilusiona a todo o mundo. Xogar contra unha Primeira División, contra un rival como o Celta fainos ilusión para competir. Ademais, é outro partido máis de pretempada, de moitísima esixencia no que traballaremos cousas que nos virán moi ben”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.