O Celta adxudícase o VII Memorial Antonio Bermúdez

8 de Agosto de 2023
Pato recollendo o trofeo de subcampións do Memorial Antonio Bermúdez
RC Celta, campión do VII Memorial Antonio Bermúdez
  • O Celta impúxose por 0-3 a un gran Compos que segue coa súa pretempada

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023

A SD Compostela e o RC Celta disputaron esta tarde, no Vero Boquete de San Lázaro, un intenso Memorial Antonio Bermúdez, patrocinado por Cobre San Rafael, que levou o cadro olívico. Un encontro especial, para lembrar a un amigo do club e que permitiu ver en acción, de novo, a un equipo de Primeira División en Compostela.

O Vero Boquete respondeu ante a visita dun gran rival ao estadio compostelán, poboando as bancadas e dando colorido a este encontro especial. Despois de dez anos, Compos e Celta volvían verse as caras.

Na primeira parte, baixo unha intensa calor, o Compos partiu sen medos, querendo o balón e con intención tamén de someter ao rival. Con todo, o Celta, cunha presión elevada, tamén quería facer dano roubando en campo contrario.

Cunha formulación atrevida por ambas partes, avisou o Celta por mediación de Paciencia, nun man a man que salvou á perfección Pato. E á segunda, tras unha gran asistencia de Bamba, Aspas si resolvería a acción, poñendo o primeiro no luminoso.

Con estas ocasións destacables e algún achegamento do Compos por área rival, o encontro chegouse ao descanso coa mínima vantaxe celeste.

Á volta dos vestiarios, cun equipo renovado no Celta, os vigueses darían dous golpes máis, primeiro, cun gol de Strand Larsen e despois con outro de Luca de la Torre.

Con 0-3 no marcador, Manel Menéndez tamén decidiu mover o banco, dentro do seu propósito de repartir minutos nesta semana tan intensa con tres amigables.

Con pernas frescas, o Compos mesmo avisaría nunha gran acción por banda, cun centro raso de Jaime Santos ao que non chegou Antón de Vicente por moi pouco.

En todo caso, o marcador xa non se moveu, finalizando o encontro co 0-3. Pechouse así unha gran xornada no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Pep Caballé (Riki Mangana, m.63), Kike (David Soto, m.63), Álvaro Casas (Pablo Crespo, m.63), Martín (Sálamo, m.63); Pablo Antas (Antón de Vicente, m.57), Xoel (Landeira, m.63), Fer Beltrán (Jordan, m.63); Hugo Matos (Parapar, m.63), Juampa (Dani Varela, m.63) e Manu Barreiro (Jaime Santos, m.46).

RC CELTA: Koke; Kevin, Aidoo (Unai, m.46), Fontán (Carlos Domínguez, m.46), Manu Sánchez (Cervi, m.46); Tapia (Fran Beltrán, m.46), Dotor (Sotelo, m.46); C. Pérez (Miguel Rodríguez, m.46), Iago Aspas (Luca de la Torre, m.46), Bamba (Gabri Veiga, m.61); e Paciencia (Strand Larsen, m.46).

GOLES: 0-1: Aspas, min.30; 0-2: Larsen, min.48; 0-3: Luca de la Torre, min.56;

ÁRBITRO: Muñiz Ruiz (Galicia).

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). VII Memorial Antonio Bermúdez disputado ante 4.000 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUM Escobedo 0️⃣-0️⃣ COMPOS Primeira metade moi controlada polos nosos, sen recibir ocasións e buscando o gol ante un rival en bloque baixo#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.