A ilusión polo novo Compos desborda o Vero Boquete nunha xornada histórica

9 de Agosto de 2023
VII Memorial Antonio Bermúdez, imaxe do Vero Boquete
Bancada de tribuna chea no partido do Compos contra o Celta
A ilusión polo novo Compos encheu a bancada de Preferencia, onde ambas afeccións animaron aos seus
  • O VII Memorial Antonio Bermúdez disputado contra o RC Celta de Vigo rexistrou a mellor entrada dos últimos 5 anos.

  • Unha cidade ilusionada envórcase co Compos na súa nova etapa, conseguindo case 1000 abonados en 10 días.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2023

O Estadio Verónica Boquete de San Lázaro viviu onte unha xornada que perdurará na retina dos afeccionados durante moito tempo. O partido ante o RC Celta de Vigo congregou a 4000 afeccionados que vibraron cun gran partido de fútbol, e é que desde o ano 2018 non se rexistraba unha entrada así no estadio compostelán.

A espectacular resposta da cidade ao novo e prometedor proxecto da SD Compostela queda reflectida no gran éxito da Campaña de Abonados. Case un milleiro de afeccionados xa formalizaron o seu abono para a Temporada 23.24, sumándose a este ilusionante “Novo Camiño”, que se inaugurou cun público entregado na xornada de onte.

 

Agradecementos polo éxito do VII Memorial Antonio Bermúdez.

 

Desde a SD Compostela queremos agradecer a todos aqueles que fixeron posible a inesquecible xornada de onte:

  • En primeiro lugar, queremos mostrar o noso agradecemento á afección. Nin as altas temperaturas nin as datas estivais foron impedimento para que se superasen todas as previsións de afluencia ao partido. A nosa afección é o noso maior activo e onte demostrouse que o amor polo Compos está máis vivo que nunca.
  • Especial agradecemento ao RC Celta de Vigo. Desde a SD Compostela queremos expresar a nosa máis sincera gratitude ao club olívico pola súa inestimable colaboración para facer deste partido, un evento inesquecible. A directiva, xogadores, corpo técnico e persoal do club demostran así por que o Celta de Vigo é un club referente no mundo do fútbol.
  • Recoñecemento especial a Cobre San Rafael, patrocinador deste encontro, quen unha vez máis reafirmou o seu sólido compromiso co noso club e o seu continuo desenvolvemento.
  • Por suposto, á familia Bermúdez, por seguir camiñando da man da SD Compostela neste Memorial que rende homenaxe á destacada figura do noso querido Antonio Bermúdez.
  • Aos medios de comunicación, que durante os últimos días cubriron con moito agarimo un torneo que non deixa de crecer, e que axudaron a que a ilusión por este novo Compos vaia en aumento.
  • E, por último, o noso recoñecemento esténdese a todas as persoas que dedicaron o seu esforzo para facer posible a xornada de onte. Desde os directivos e traballadores do club, ata os colaboradores do Concello de Santiago, o persoal encargado da seguridade e control de acceso, os servizos de emerxencia, Protección Civil e os membros da Policía Nacional e Local, entre outros.

Tal e como proclama a nosa Campaña de Abonados, este é o comezo de “Un Novo Camiño”. Que o día de onte fose o punto de partida dunha tempada que, sen dúbida, deparará grandes alegrías á nosa cidade.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Entradas xa dispoñibles para o amigable contra o Real Club Deportivo de La Coruña 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🤝 Encontro patrocinado por Fútbol Emotion e en colaboración con Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia ℹ️ As entradas para público so están dispoñibles para Preferencia#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Borja Yebra e Carlos de Lerma🩵🤍 Primeiras verbas do novo director deportivo e do novo adestrador trala súa chegada á SD Compostela, nunha rolda de prensa celebrada no Oca Hotels Puerta del Camino👉 Ambos falaron do proxecto, dos pasos a seguir e dos retos para esta fermosa campaña na #SegundaFederación ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 “O Camiño do Norte”, a nova campaña de abonos da SD Compostela para o regreso á #SegundaFederación👉 Toda a información na web!ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/09/o-camino-do-norte-compos-abonos/🗓️ Xa está aberto o primeiro prazo, exclusivo para renovacións!🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/🗓️🩵🤍 PRAZOS DA CAMPAÑA👉ATA O 27 DE XULLO:Renovacións para a mesma bancada e asento👉 28 e 29 DE XULLO:Cambio de asento👉 A PARTIR DO 30 DE XULLO:Novas altas e renovacións🎫 Online, na Tenda ou na Oficina#OCamiñodoNorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Antón Guisande, goles e verticalidade para o Compos de #SegundaFederación⚽️ O atacante seguirá aportando o seu traballo incansable, a súa garra e a súa calidade para o bo facer do equipoℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/08/anton-guisande-renovacion-2027/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Diego Uzal, un ano máis de branquiazul⚽️ O #JugadorCincoEstrellas da pasada campaña regresará, como o Compos, á #SegundaFederación, para seguir demostrando o seu poderío e gran nivel futbolísticoℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/08/diego-uzal-renovacion-compos/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.