Euse Monzó, xuventude e solidez para a zaga do Compos

17 de Agosto de 2023
Euse Monzó, SD Compostela
  • Euse Monzó, central zurdo valenciano, tralo seu paso polo Sanse de Primeira RFEF, firma no Compos ata final de campaña

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2023

Eusebio Monzó Alfonso (Valencia, 4.12.2000), máis coñecido futbolisticamente como ‘Euse’ Monzo, é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 23.24. O mozo central zurdo, con experiencia na Segunda B e mesmo no fútbol profesional, firma ata final de campaña.

Euse Monzó destaca por ser un defensor aguerrido, con boa saída de balón desde atrás e unha impoñente envergadura (1’88 metros). Ademais, trátase tamén dun futbolista polivalente, xa que pode actuar tanto de central zurdo como de lateral esquerdo, como demostrou ao longo da súa traxectoria. Estas calidades levaron á dirección deportiva do club para afrontar a súa fichaxe para esta ilusionante tempada.

Chega ao Compos tras terminar a súa vinculación coa SD Huesca. Ao cadro aragonés chegou no verán de 2021, reforzando o seu filial, de Segunda RFEF, e márchase, unha vez terminado o seu contrato, tras formar parte do primeiro plantel o curso pasado.

No seu debut, nun gran ano, disputou 31 encontros, todos eles como titular, para un total de 2.700 minutos, nos que tamén anotou un tanto. Ese rendemento levoulle a debutar na Segunda División na última xornada de Liga, contra o Valladolid.

Tras esa positiva experiencia inicial, a campaña pasada faríase un oco no primeiro equipo do Huesca, tras despuntar na pretempada. Durante a primeira parte do ano disputaría dous encontros na Segunda División e outro de Copa do Rey, marchándose cedido no mercado invernal ao San Sebastián de los Reyes, da Primeira RFEF, buscando máis minutos.

No equipo madrileño, dende o que chega ao Compos, foi un dos xogadores con maior protagonismo ao xogar 18 encontros, 16 como titular, en media campaña. En total, disputaría 1.465 minutos en Primeira RFEF.

Antes desta última etapa, Euse Monzó destacou nas categorías inferiores do UD Levante. Na súa terra, sendo aínda Xuvenil, comezou a ir convocado co filial granota e mesmo chegou a ir citado, con 19 anos, polo primeiro equipo para unha xornada de Primeira División contra o Alavés.

No cadro levantinista, precisamente, estrearíase na Segunda B, disputando 639 minutos en 11 partidos.

Do mesmo xeito, Euse Monzó, na súa traxectoria nas categorías inferiores, foi campión de España coa selección valenciana sub-18, un éxito que lle serviu para acudir aos adestramentos previos aos Xogos do Mediterráneo coa Selección Española sub-18.

Con esa gran bagaxe, Euse Monzó aterra en Compostela para achegar todo o seu bo facer ao conxunto branquiazul. O mozo central reforzará a zaga compostelanista trala lesión de longa duración de Pablo Crespo, potenciando o ilusionante proxecto do Compos para esta campaña 23.24.

Trala súa fichaxe, o Compos conta con vinte xogadores con ficha para a Tempada 23.24: Pato, Borja Rey, Riki Mangana, David Soto, Álvaro Casas, Kike, Pablo Crespo, Euse Monzó, Martín, Samu Araújo, Antón de Vicente, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan Domínguez, Jaime Santos, Pep Caballé, Parapar, Juampa, Fran López e Manu Barreiro.

Euse Monzó unirase aos adestramentos da SD Compostela esta mesma mañá.

Benvido ao Compos!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍Todos xuntos! 🤝A por unha nova final este domingo! 💪ℹ️ Recorda que se eres abonado maior de 17 anos podes retirar unha invitación (só online) 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Co apoio de todos, FORZA COMPOS! 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Gimnástica de Torrelavega🏟️ Os nosos adestraron esta mañá no Vero Boquete para preparar o partido vital deste domingo ás 17.00 horasImos a por todas, todos xuntos! 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso adestrador de porteiros, 𝐈𝐚𝐠𝐨 𝐓𝐚𝐛𝐨𝐚𝐝𝐚 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Iago!A celebralo este domingo cun triunfo 💪⚽️📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⌚️ Horario confirmado para as dúas últimas xornadas, que serán unificadas 🩵🤍x33 🆚Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horasx34 🆚 Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 4 de maio🕛 12.00 horas🧴 Laboratorios Ozoaqua - Expertos en Dermocosmética con Aceites ozonizados #ávilacompos #composrvcantera ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
E repetiuse éxito nesta pasada xornada 🩵🤍✅ Compos✅ Filial (Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso)✅ Xuvenil A (Canteira Picheleira) A por outra máis 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.