O Compos leva un test de nivel no Vero Boquete

19 de Agosto de 2023
Celebración do Compos tralo gol de Manu Barreiro
Celebración de Hugo Matos tralo seu tanto
  • Os nosos superaron á Cultural Leonesa, de Primeira RFEF, con goles de Manu Barreiro e Hugo Matos

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2023

O Compos venceu e convenceu nun test de nivel no Vero Boquete. Os nosos superaron por 2-0 á Cultural Leonesa, de Primeira RFEF, con goles de Manu Barreiro e Hugo Matos, ambos na segunda metade. Os branquiazuis dominaron a contenda, competiron moi ben e levaron o premio da vitoria.

A SD Compostela despedíase do seu público nesta pretempada coa visita dun equipo de superior categoría, a Cultural Leonesa. Un duelo de nivel para testar o momento de forma dos nosos para encarar a liga, un comezo previsto para o 3 de setembro, ás 18.00 horas, no Estadio de Miramar.

Cun once formado integramente por xogadores do primeiro equipo, Manel Menéndez puña a proba aos nosos nun esixente encontro.

O duelo comezou cun Compos dominador e unha Cultural repregada buscando saír á contra con rapidez. Sen atopar os espazos necesarios, pero sen perder a orde atrás, os minutos avanzaban sen perigo nas áreas.

Cando todo facía indicar que se chegaría ao descanso sen sobresaltos, os visitantes quedaban cun menos pola expulsión de Aarón Rey, quen recibiu dúas amarelas seguidas por protestar ao conxunto arbitral.

Cun máis sobre o verde, a SD Compostela arrincaba a segunda parte buscando máis mordente nos seus ataques. Como proba, aos dous minutos, Parapar encarou ao seu par e soltou un disparo ao segundo pau que sacou Miguel cunha gran estirada.

A contenda disputábase en campo dos leoneses e os nosos acabarían atopando o premio que buscaban. Un centro á área, tocado por Álvaro Casas no primeiro pau, quedaba morto no punto de penalti e aí aparecía Manu Barreiro para mandala á rede. O ariete santiagués estreábase así como goleador coa camiseta do Compos.

Xa con vantaxe, e seguindo co dominio do esférico, os nosos intentaban facer máis dano, aínda que non atopaban a portería. Manu Barreiro tería a opción do dobrete, pero chegaba moi forzado ao pase da morte de Jaime Santos e non podía orientar o golpeo cara á portaría. E o propio Jaime tería un man a man, tras unha gran asistencia de Jordan, que sacaba o porteiro visitante.

Cos cambios, o ritmo non baixaba e os nosos seguían dominando, unha capacidade que se fixo máis notoria cando a Cultural quedaba con nove, despois de que Guitian tamén fose expulsado por protestar.

Xa con dous máis, o Compos moveu ao rival buscando algunha fenda para entrar á área rival. E acabaríaa atopando. Pep Caballé regateou a dous rivais e picouna, de maneira fantástica, sobre a defensa para a entrada dun Hugo Matos que definiu de xenio, polo primeiro pau, ante o porteiro. Segundo gol do canteirán nesta pretempada na que está a deixar moi boas sensacións.

Co 2-0 terminouse o partido, quedándose a vitoria no Vero Boquete. Segundo triunfo dos nosos nesta esixente preparación estival, primeira na casa e, o máis importante, deixando boas sensacións a quince días de comezar a liga.

FICHA TÉCNICA

SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana (Sálamo, m.85), David Soto (Kike, m.61), Álvaro Casas, Samu Araújo (Dani Varela, m.71); Pablo Antas (Antón de Vicente, m.71), Fer Beltrán, Jordan Domínguez (Landeira, m.85); Parapar (Pep Caballé, m.71), Jaime Santos e Manu Barreiro (Hugo Matos, m.85).

CULTURAL E DEPORTIVA LEONESA: Miguel Bañuz; Víctor García (Jaume Pol, m.46), Rodri Suárez (Guitian, m.46), Fornos (Aleix, m.46), Álvaro (Muguruza, m.46); Calderón (Berto, m.46), D. Barri, Martín S., Bicho (Escudero, m.46); Aarón Rey e Dorian Jr (Guillermo, m.46).

GOLES: 1-0: Manu Barreiro, min.55; 2-0: Hugo Matos, min.89.

ÁRBITRO: Oreiro Hermida (Pontevedra). Expulsou a Aarón Rey (m.42) por dobre amarela e a Guitian (m.81), tamén por dobre amarela, ambos por protestar. Ademais, amoestou a Dani Varela, polo Compos; e a Raúl Llona (banco), pola Cultural.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Partido amigable disputado ante 450 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1
  • COMPOSTELA- 0 ZAMORA- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Centrados xa en superar o seguinte reto 💙🤍💪 XUNTOS, BUSCAREMOS O TRIUNFO ESTE DOMINGO NA CASA!!!📸 𝐉𝐞𝐬𝐮́𝐬 𝐅𝐢𝐠𝐮𝐞𝐫𝐨𝐚 | Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝑹𝑬𝑺𝑼𝑳𝑻𝑨𝑫𝑶𝑺 𝑪𝑨𝑵𝑻𝑬𝑰𝑹𝑨 𝑷𝑰𝑪𝑯𝑬𝑳𝑬𝑰𝑹𝑨 💙🤍⚽️ Resultados e clasificación para os equipos da base da SD Compostela, que nos trae Milongas Parrillada, tras unha gran fin de semana para os nosos!!!#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💙🤍 UNHA NOVA REVÁLIDA CO PRIMEIRO DERBI DA TEMPADA!!!🆚 Ourense CF 🗓️ 01.10.23⏰ 19.00🏟️ Estadio Vero Boquete🤝 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Auchan 🎟️ Entradas 👉 bit.ly/EntradasvsOurense🙌 LOITAREMOS CON TODO PARA QUE OS PUNTOS QUEDEN NA CASA!!!#composourense #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎫 O número premiado da Rifa de onte foi o 0265!👕 Gaña unha camiseta de adestramento da SD Compostela, a retirar na Tenda Oficial!📢❌ Non se puido anunciar pola megafonía do Estadio durante o partido, xa que se volveu estropear!#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚔️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋 ⚔️💪 TOCA LEVANTAR CABEZA E IR A POLO PRÓXIMO OBXECTIVO!!!⚽️ Comeza xa a semana para os nosos, que prepararán o derbi contra o Ourense CF con cinco sesións de adestramento!!! #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.