O RC Celta, convidado especial do VII Memorial Antonio Bermúdez

26 de Xullo de 2023
VII Memorial Antonio Bermúdez
  • O Memorial Antonio Bermúdez, patrocinado por Cobre San Rafael, xogarase o 8 de agosto no Vero Boquete

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2023

O Real Club Celta de Vigo será o invitado especial da sétima edición do Memorial Antonio Bermúdez, un partidazo que estará patrocinado por Cobre San Rafael. A SD Compostela medirase ao equipo olívico, de Primeira División, o vindeiro martes 8 de agosto, ás 20.00 horas, no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Será un duelo histórico no que os nosos se medirán ao conxunto dirixido por Rafa Benítez, un Celta que este ano celebra o seu centenario. Un encontro que será o gran reclamo da pretempada compostelanista. Unha oportunidade única para desfrutar en Santiago de grandes xogadores de Primeira División.

Neste sentido, a programación deste partido prodúcese froito do acordo polo traspaso de Pablo Durán á entidade viguesa, que tivo lugar o pasado verán.

Para o VII Memorial Antonio Bermúdez, os novos abonados da Tempada 23.24 poderán entrar gratis co seu Abono. Por iso, cabe informar que haberá novidades sobre o lanzamento e os detalles da Campaña de Abonados nos próximos días.

Do mesmo xeito, tanto o prezo das entradas como a información para o partido darase a coñecer en próximas xornadas.

 

Un trofeo moi especial

 

Co Memorial Antonio Bermúdez lembramos a figura dun gran amigo, xornalista, directivo, afeccionado e abonado do Compos. Como cada verán, honraremos a súa memoria cun encontro moi especial para a nosa familia.

Ata a data xogáronse seis edicións. Nelas resultaron vencedores o RC Deportivo da Coruña (2016), CD Lugo (2017), SD Compostela (2018), RC Celta B (2019), CD Lugo (2021) e RC Celta B (2022).

Por tanto, o primeiro equipo celeste estrearase neste trofeo. Ademais, enfrontarémonos ao RC Celta de Vigo despois dunha década. Nesta liña, o último duelo entre ambos equipos foi en 2013, nun partido homenaxe en memoria das vítimas do accidente de Angrois, que tamén serviu como recoñecemento a todos os profesionais e cidadáns que axudaron no tráxico suceso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2
  • COMPOSTELA- 4 ARANDINA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
1⃣.5⃣9⃣7⃣ abonad@s!!! 💙🤍🙌 Superamos xa as cifras da tempada pasada e sumando!!! 💪 Únete ao Novo Camiño do Compos e apoia aos nosos!!! Co carné xove, sáeche a 10€!!!✍️ Abónate pola web de forma moi sinxela!📲 bit.ly/AbonateaoCompos #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 CON TODO A POLO SEGUINTE RETO!!!⚔️ Traballo duro nos adestramentos para preparar a visita do líder ao Vero Boquete!!!🙌 Queremos que o triunfo se quede na casa contra o Zamora Club de Fútbol!!!#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💙🤍 POR DIANTE, DOUS ENCONTROS SEGUIDOS NA NOSA CASA!!! APUNTADE DATA E HORA PARA O PRIMEIRO DERBI DA TEMPADA!!!⚽️ ✖️5🆚 Ourense CF🗓️ 01.10.23⏰ 19.00🏟️ Estadio Verónica Boquete🤝 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Auchan (Alcampo) #composourense #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Gañas de domingo!!! Gañas de Compos!!! 💙🤍🙌 Queremos volver festexar xuntos unha nova vitoria dos nosos!!! 🙌#composzamora ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏 👏 👏🙌 O 𝐗𝐮𝐯𝐞𝐧𝐢𝐥 𝐀 da SD Compostela, con 7 puntos en tres xornadas, iguala coa Canteira Celeste no 2º posto do Grupo 1 da División de Honra Xuvenil!!!👏 Inicio espectacular e histórico dos nosos, nun comezo de Liga no que xa se mediron a grandes rivais da categoría!!!#CanteiraPicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.