O Xuvenil A do Compos iniciará a liga con dous derbis

26 de Xullo de 2023
  • O Xuvenil A competirá por terceira tempada na División de Honra

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2023

O Xuvenil A da SD Compostela xa coñece o seu camiño para a Tempada 2023.24 na División de Honra. Os nosos, que arrincaron esta mañá a pretempada, coñeceron hoxe o Calendario para este curso, o terceiro consecutivo que competirán na máxima categoría nacional, unha liga que se iniciará, do mesmo xeito que o primeiro equipo, a primeira fin de semana de setembro.

O sorteo deparou aos nosos, dirixidos esta campaña por Antón Permuy, un comezo esixente con dous derbis. O primeiro, o 2 ou 3 de setembro, supoñerá a reedición do último encontro da pasada campaña, coa visita do Coruxo a Santiago. Pola súa banda, no segundo, o Xuvenil A do Compos visitará a un dos favoritos, o RC Deportivo da Coruña, nun duelo que se disputará o 8 ou 9 de setembro en Abegondo.

Tras unha dobre cita con equipos galegos, para pechar setembro haberá outro dobrete comunitario, neste caso, para medirse a conxuntos asturianos. Na xornada 3 chegará a Santa Isabel o Sporting de Xixón, mentres que na 4, o Compos visitará o campo do Covadonga.

Outubro iniciarase con dous encontros contra equipos cántabros e pecharase con outros tres derbis galegos. O 1, visitará Compostela o Club Bansander, mentres que o 8 tocará render visita ao Atlético Perines. Tras ese dobre duelo, o 15 haberá duelo comarcal contra o Arousa, o 22 visita ao CD Lugo e o 29, na xornada 9, partido na casa contra o Choco, recentemente ascendido.

Xa en novembro, antes do primeiro parón da competición, o día 5 visitaremos ao Real Oviedo e o 12 recibiremos ao Val Miñor, o outro equipo ascendido dende o grupo galego de Liga Nacional. Pecharemos o mes, o 29, visitando ao Veriña CF asturiano, outro debutante.

Para culminar o 2023, a primeira fin de semana de decembro tocará outra saída para medirse a outro ascendido, o Revilla cántabro. Pola súa banda, pecharase o ano e a primeira volta, cun dobre enfrontamento de nivel, recibindo ao vixente campión, o RC Celta de Vigo, o día 10, e visitando ao Racing de Santander, o 17.

Xa en 2024, a Segunda Volta para o Xuvenil A, na que se manterá o mesmo orde de encontros, iniciarase o 14 de xaneiro para competir ata o 5 de maio. Entre medias, dous paróns case consecutivos, na segunda e cuarta semana de marzo.

Por orde, os nosos mediranse ao Coruxo (visitante), Deportivo (local), Sporting (visitante), Covadonga (local), Bansander (visitante), Perines (local), Arousa (visitante), Lugo (local), Choco (visitante), Oviedo (local), Val Miñor (visitante), Veriña (local), Revilla (local), Celta (visitante) e Racing (local).

CALENDARIO COMPLETO DO XUVENIL A

Youtube

Instagram Compos

Facebook

48 minutes ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.