-
A SD Compostela deséxalle a Darío a maior das sortes para a súa nova etapa
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023
Só estivo un ano, pero Darío Germil deixou un recordo indeleble na SD Compostela. O seu traballo para mellorar cada día, o seu esforzo por dar o máximo en cada momento e o seu sacrificio polo ben do club foron dignos de encomiar. Por iso, desde o Compos queremos darlle as grazas por este gran ano xuntos.
Aínda que non se puido lograr o obxectivo que todos queriamos, no aspecto persoal, Darío demostrou as grandes calidades que atesoura, a pesar da súa mocidade. O dianteiro compostelán anotou 12 goles na campaña, once en Liga e un no playoff, sendo un dos pichichis da categoría. Ademais, tamén repartiu un par de asistencias e achegou unha loita incansable como referencia atacante do equipo.
Coa camiseta branquiazul, disputou un total de 33 encontros, 27 deles como titular, sendo un xogador capital durante todo o ano. Este rendemento fíxolle merecedor, tanto na Primeira Volta como na Tempada, do premio ao Jugador Cinco Estrellas, entregado por Mahou.
Ao estar cedido polo RC Celta, os nosos camiños sepáranse este verán, polo que queremos desexarlle a maior das sortes na súa nova etapa, para que chegue o máis arriba posible na súa carreira deportiva.
Oxalá os nosos camiños volvan atoparse nun futuro e en categorías máis altas.
Moitas grazas e moita sorte, Darío.