A SD Compostela xa coñece o seu calendario para a Tempada 23.24

20 de Xullo de 2023
Calendario 23.24 do Compos
  • Calendario: o Compos arrincará en Luanco e estrearase na casa na xornada 2, contra a Arandina

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

A SD Compostela xa coñece o seu camiño na Segunda RFEF para a Tempada 2023.24. Os nosos arrincarán a liga en terras asturianas, ante o Marino de Luanco, a primeira fin de semana de setembro, e estrearanse na casa, contra a Arandina, a semana seguinte. Pola súa banda, a competición ligueira terminará a primeira fin de semana de maio, nunha xornada 34 na que se medirán ao Raio Cantabria, en Santander.

Casualmente, o Compos de Manel Menéndez iniciará a liga no Estadio Municipal de Miramar, un campo que coñece moi ben o novo técnico branquiazul, pois dirixiu ao equipo local estas tres últimas campañas.

Pola súa banda, a estrea no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro será na fin de semana do 9 e 10 de setembro contra un recentemente ascendido, a Arandina. E na xornada 3, nova saída a Asturias e outro debutante na categoría, o Covadonga.

Para pechar setembro e iniciar outubro, o Compos terá unha dobre cita na casa, sete días nos que tamén chegará o primeiro derbi. O 24 de setembro o Zamora visitará a capital galega e o 1 de outubro o Ourense.

Con este último duelo iniciarase unha etapa de derbis, posto que os nosos enfrontaranse, de maneira consecutiva, ao Deportivo Fabril, en Abegondo; e ao Racing Villalbés, na casa. Para pechar o mes de outubro, tocará visitar ao Ximnástica de Torrelavega e recibir ao Valladolid Promesas.

Xa en novembro, o Compos visitará ao Langreo, recibirá ao Cayón, viaxará a Guijuelo e recibirá na casa ao Coruxo.

E para iniciar decembro, outro derbi, esta vez contra o recentemente descendido Pontevedra que dirixe Yago Iglesias, en Pasarón. Ademais, antes do parón do Nadal, os nosos recibirán ao Oviedo Vetusta e despedirán o 2023 contra o Real Avilés Industrial.

Para culminar a primeira volta, xa en 2024, os nosos enfrontaranse no Vero Boquete ao Raio Cantabria, na fin de semana de Reis. Curiosamente, será o mesmo encontro co que comezamos en 2023.

Pola súa banda, para a segunda volta manterase a orde de encontros, comezando na casa, o 14 de xaneiro, contra o Marino de Luanco.

Por esta orde, sen ningún parón, os encontros serán os seguintes: Arandina (visitante), Covadonga (casa), Zamora (visitante), Ourense (visitante), Fabril (casa), Villalbés (visitante), Ximnástica (casa), Valladolid Promesas (visitante), Langreo (casa), Cayón (visitante), Guijuelo (casa), Coruxo (visitante), Pontevedra (casa), Oviedo Vetusta (visitante), Real Avilés (casa) e Raio Cantabria (visitante).

 

Manel Menéndez valora o calendario do Compos.

Tras coñecer o calendario, Manel Menéndez expresou o seu sentir sobre a composición de encontros, destacando ese primeiro duelo, especial para el.

“Visitar ao Marino na primeira xornada, para min, será volver a casa, despois de tres anos alí. Será emotivo e valóroo positivamente. Ademais, xogar os primeiros partidos en Luanco sempre é mellor, porque co inverno o campo non está nas mellores condicións. Será difícil, porque os inicios son difíciles sempre, sexa na casa ou fóra e contra calquera rival. O importante é empezar ben, comezar sumando, sabendo contra quen nos enfrontaremos. Hai que traballar duro para chegar ben a ese inicio e nada máis.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨Hugo Matos, traspasado ao C.D. Numancia de SoriaGrazas polo teu traballo e esforzo durante todos estes anos e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris promociona ao primeiro equipo dende o Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso🤝 O mediocentro da Canteira Picheleira, que xa debutara co Compos, firma por unha tempada𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/18/goris-promociona-compos-25-26/#goris2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.