A SD Compostela inicia a pretempada coa vista posta en setembro

18 de Xullo de 2023
Pretempada 23.24 da SD Compostela
  • A pretempada do Compos, con Manel Menéndez, arrincou cunha primeira sesión en San Lázaro II

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2023

A SD Compostela 23.24 xa está en marcha. O equipo branquiazul, con Manel Menéndez á fronte, iniciou a pretempada esta mañá. O novo técnico compostelanista deu comezo a sete semanas de preparación, nas que os nosos tomarán impulso para arrincar a liga, a primeira fin de semana de setembro, en plena forma.

Como toma de contacto, o Compos realizou unha primeira sesión en San Lázaro II, nunha xornada de reencontros e de caras novas, na que tamén destacou a presenza dos canteiráns citados para os adestramentos estivais.

Para esta primeira semana de pretempada, os nosos terán adestramento todos os días, a excepción do domingo, mentres que a próxima semana descansarán tamén o martes e nela xa se estrearán cos amigables.

Nesta liña, polo momento están confirmados cinco encontros amigables para esta pretempada. O primeiro será o vindeiro mércores 26, en Ponte dos Brozos, contra o Arteixo, mentres que o segundo será o sábado 29, en Alfoz, contra o Racing Club Villalbés.

Xa en agosto, os nosos mediranse ao CD Lugo, o sábado 5, en Foz; o xoves 10, na Pobra do Caramiñal, contra o RC Deportivo; e o sábado 12, en Negreira, contra o Pontevedra. Nos próximos días tamén se irán confirmando os restantes duelos estivais.

 

Primeiras valoracións de Manel Menéndez.

Primeiro día. Empeza o bo. Levamos moito tempo parados, desde maio, e estamos con moitas gañas de empezar. Tentaremos que a xente traballe, que tamén teña tempo para gozar do verán e o comezo agardamos que sexa bo. En breve temos amigables, polo que temos que chegar cunha condición mínima para poder afrontalos. Hoxe é un día de coñecer aos xogadores e contento de empezar.

Ilusión polo novo proxecto. Como todos os anos. Sempre chego moi ilusionado a todos os sitios e non será menos aquí. O proxecto é moi bo, creo que hai un obxectivo claro e iso non me cambiará a forma de ver o fútbol. Aquí hai que aplicar o mesmo que viña aplicando. Hai moi bos xogadores para poder afrontar a liga, pero sabendo das dificultades que hai nesta competición. Iremos aos poucos, sabendo que o obxectivo é o día 2 ou o 3 de setembro.

Mercado do Compos. Creo que os bloques non hai que rompelos dunha tempada para outra, porque iso é prexudicial. Neste sentido, o club traballou moi ben. Manu Castiñeiras tíñao moi claro, igual que eu, que había que manter un bloque de bastantes xogadores do ano pasado, porque era moi aproveitable o plantel. Logo houbo xogadores que non seguen, outros que se foron e tivemos que fichar. Creo que entramos moi ben no mercado, asinamos xogadores nas posicións que quedaban libres e estou moi contento coa composición do plantel. Son dos que pensan que co nome só non se gaña, pero creo que esa pequena vantaxe temos que traballala para facernos máis fortes e que os xogadores crean no proxecto, sobre todo a xente nova, e no obxectivo que hai.

Arrincar co plantel practicamente pechado. Veño afeito a iso. Tivemos sorte de entrar no mercado, que os xogadores apostasen polo proxecto da SD Compostela e foi bo ver que aos poucos vas completando o plantel. Creo que isto é bo para os adestradores. Ademais, o poder contar con xente da casa, mozos do filial e do xuvenil, tamén é bo. Teño moitas ganas de velos.

Desexo para a pretempada. Que nos respecten as lesións. Sabemos que é difícil, porque sempre hai moitos problemas nas pretempadas polas cargas de traballo, pero ese é o reto. Sabemos que temos unha pretempada moi esixente, con equipos de moita entidade, que nos obrigarán a esforzarnos moito, pero os resultados son a partir de setembro. O importante é que se chegue ben ao 3 de setembro, que o equipo estea ben fisicamente, con confianza, que vaian coñecéndose os que non estaban aquí e, sobre todo, que cheguemos con moita ilusión e moitas gañas ao comezo da tempada, para que sexa bo, porque é clave.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Lanzada a Campaña de Abonos de Media Tempada da SD Compostela🎯 Obxectivo 3.000 abonos🤝 Prezos incribles🔟 partidos (9 da 2ª Volta e o último da 1ª)💻 Abónate online aquí👉 sdcompostela.compralaentrada.com/🙌 Toda a ℹ️ 👉 sdcompostela.com/gl/2024/12/02/campana-abonos-media-tempada-24-25/#quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⚽️ Este domingo, queremos unha nova vitoria como visitantes para continuar coa boa dinámica!x15 🆚 RS Gimnástica 🏟️ O Malecón🗓️ Domingo 08/12🕛 12.00 horas #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Comezamos con xornada de descanso, nunha semana de desprazamento a Cantabria para os nosos⚽️ Teremos cinco sesións de adestramentos para preparar a visita ao Malecón para medirnos á RS Gimnástica #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario a 𝐆𝐢𝐮𝐥𝐢𝐚𝐧𝐨 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Giuliano!🙌 Que veñan acompañados de moitos éxitos! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Lito Vila Baleato (coautor co seu irmán César do libro sobre a historia da SD COMPOSTELA) aporta en "A gran final" un relato sobre un día histórico da nosa entidade e moi lembrado pola afección picheleira.O libro, que se presenta hoxe no CulturGal en Pontevedra, conta tamén con relatos do excompostelanista Jesús Torres, a santiaguesa Vero Boquete e outros nomes vencellados ao mundo das letras e o fútbol galego. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.