A Fundación SD Compostela organiza as primeiras xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’

20 de Outubro de 2023
Primeiras Xornadas Innovación, Tecnoloxía e Deporte
  • O evento, gratuíto e con entrada libre ata completar aforo, terá lugar no Auditorio da Facultade de Medicina, o 26 de outubro ás 18.30

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

A Fundación SD Compostela organiza as primeiras xornadas ‘Tecnoloxía e Deporte’. O evento, gratuíto e con entrada libre ata completar aforo, levarase a cabo o próximo xoves 26 de outubro ás 18.30 horas no auditorio da Facultade de Medicina da USC, e nel trataremos, con expertos de recoñecido prestixio, como a tecnoloxía vai camiño de revolucionar o mundo do deporte.

Nesta primeira edición, contaremos co presenza destacada de Enrique Clavijo, director sports de Amazon Web Services (AWS), quen estará acompañado polo exciclista Ezequiel Mosquera, CEO de Emesports; e Miguel Verdes, account manager de Cluber.

Desta forma, con estas xornadas ‘Innovación, Tecnoloxía e Deporte’, abertas a todo o público interesado, queremos dar a coñecer os novos camiños que abren as tecnoloxías máis avanzadas. Da man da innovación, entramos nunha nova era, a cal permite ás entidades, como á SD Compostela, ser máis eficientes a través de procesos predictivos, que eran impensables ata hai pouco tempo.

Versando sobre este tema central, poranse sobre a mesa claves importantes neste proceso de transformación, o cal supón un reto para todas as entidades deportivas.

No evento ‘Innovación, Tecnoloxía e Deporte’, unha vez realizada a presentación oficial, desfrutaremos da conferencia de apertura, a cargo de Enrique Clavijo. Tralo seu relatorio, sumaranse ao estrado Ezequiel Mosquera e Miguel Verdes, para realizar unha mesa redonda na que se irán debatendo diferentes temas relacionados coa innovación, a tecnoloxía e o deporte. Por último, e antes de pechar esta primeira edición das xornadas, será o momento para que os nosos invitados aporten as súas conclusións e poidan responder ás dúbidas do público asistente.

Para levalo a cabo, a Fundación SD Compostela conta co patrocinio de Turismo de Galicia e o apoio de Plexus Tech e da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

Enrique Clavijo, Director Sports de Amazon Web Services, invitado destacado das xornadas para falar de ‘Tecnoloxía e Deporte’.

Nesta primeira edición das xornadas ‘Innovación, Tecnoloxía e Deporte’, contaremos coa presenza de tres líderes empresariais, cuxas compañías destacan, precisamente, por xuntar a parte deportiva e a parte tecnolóxica. Aquí vai unha pequena descrición deles.

Enrique Clavijo

Enrique Clavijo é un enxeñeiro, especializado en marketing dixital, con 20 anos de experiencia en empresas líderes no seu sector, dentro dos seus departamentos de innovación e comercio electrónico, sempre vinculados á xeración de negocios. Conta con experiencia en deseño de servizos e negocios dixitais en contornas altamente competitivas.

Actualmente, é o director da área deportiva de Amazon Web Services (AWS), entidade que comezou a expor servizos de infraestrutura clave ás empresas en forma de servizos web, agora coñecidos como computación na nube. O beneficio final da computación na nube de AWS é a capacidade de aproveitar un novo modelo de negocio e converter os gastos de infraestrutura de capital en custos variables.

Ademais, anteriormente, Enrique Clavijo desenvolveu o seu coñecemento sobre novas tecnoloxías aplicadas ao deporte na AS Roma, FC Barcelona, Real Madrid e Ticketmaster.

Toda esa experiencia e coñecemento plasmaraos nas primeiras xornadas ‘Innovación, Tecnoloxía e Deporte’, no auditorio da Facultade de Medicina, aportándonos valiosa información ao respecto.

Ezequiel Mosquera

No 2013, Ezequiel Mosquera crea un proxecto pensado para ofertar montaxes de estruturas e servizos a organizacións deportivas: EMESPORTS. No seu afán por mellorar, xunto coa propia demanda dun mercado crecente, EmeSports opta por ampliar a súa oferta e automatizar os seus produtos. O seu esforzo concéntrase a día de hoxe en poñer ao dispor dos seus clientes soluciones loxísticas e tecnolóxicas que melloren e simplifiquen a organización de eventos deportivos.

O seu brillante pasado como ciclista profesional (2º na Volta a España 2010, como principal resultado), trasladouno co mesmo éxito á organización de eventos do máximo nivel como a Volta a Galicia ou a Subida ao Ézaro, as dúas probas máis importantes no calendario galego.

Miguel Verdes

Miguel Verdes é o encargado de xestión de contas de CLUBER: a empresa que axuda ás entidades deportivas, como é o caso do Compos, e ás administracións públicas, a xestionarse e relacionarse de forma máis eficaz.

O obxectivo de Cluber é dixitalizar os clubs, facendo todos os trámites en liña e de maneira automatizada (inscricións, venda de material, cobro de cotas…). Polo tanto, Cluber é un exemplo de como a tecnoloxía debe de estar ao servicio dos clubs e deportistas para simplificar procesos dunha forma sinxela e accesible a todo o mundo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 RACING CLUB VILLALBÉS ⚽️ Previa do técnico do Compos antes do partido deste domingo, ás 12:00 horas en Vilalba, da Xornada 10 de Liga#villalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, queremos a vitoria en Vilalba⚽️ 𝐗𝟏𝟎🆚 RACING CLUB VILLALBÉS 🗓️ Domingo, 9 de novembro🕛 12:00 horas🏟️ A MagdalenaCo voso apoio, imos a polos tres puntos! 🙌🫂#villalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Nova semana de traballo!🏟️ Cinco sesións previstas no anexo San Lázaro II para preparar a visita a Vilalba#villalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎟️ RIFA👉 A rifa premiada no partido de onte foi a 0⃣3⃣5⃣0⃣👏 Parabéns ao gañador!#composbarbadás ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍👉 O Compos empata na casa, 1⃣-1⃣, contra a UD Barbadás, nun partido que dominou, pero no que faltou converter 👉 sdcompostela.com/gl/2025/11/02/compos-1-1-barbadas-armental/📸 Nacho Castaño#composbarbadás ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.