Michel Alonso: “Estamos aquí para reverter esta situación e tirar para arriba coa máxima ilusión”

19 de Outubro de 2023
Michel Alonso, adestrador do Compos, e Miguel Fernández, director de marketing
  • Michel Alonso destacó la ilusión que tiene por el proyecto del Compos, la importancia de revertir cuanto antes la situación actual y pidió el apoyo de la afición

Santiago de Compostela, 19 de octubre de 2023

Michel Alonso ya es nuevo entrenador de la SD Compostela. Tras firmar su contrato en la jornada de ayer, el técnico ferrolano dirigió esta mañana su primera sesión con el equipo, en el Campo de Peleteiro a consecuencia de las inclemencias meteorológicas; y fue presentado posteriormente ante los medios de comunicación.

Acompañado por Miguel Fernández, director de marketing, Michel Alonso destacó la ilusión que tiene por este proyecto y su espíritu de trabajar duramente para revertir la situación actual, lo cual pasa por ganar este domingo.

“O inmediato é gañar un partido e non temos que agardar moito para empezar a curarnos”

 

Agradecemento ao Compos.

Agradecer ao Compostela esta oportunidade. Son galego, aínda que estiven fóra de Galicia adestrando estes anos. Cando recibín a chamada, aínda que xa pasaron moitos anos, recordei a miña época de facer o curso de adestrador aquí. Adestrar ao Compostela, para unha persoa da terra, non é calquera cousa. Cando me chamaron, tomeino con moita ilusión, porque como adestrador sempre queres estar en clubs coma este. Agora tócalle estar nunha categoría máis baixa do que é este club, polo que aquí estamos todos para reverter esta situación e tirar para arriba coa máxima ilusión.

Recuperar o aspecto anímico do equipo.

A curto prazo, unha das miñas tarefas é levantar á xente, que a encontrei ben, receptiva e doída. Nesta situación, cun cese dun adestrador, hai moita xente doída. Os xogadores están responsabilizados e con gañas de reverter esta situación, da cal tamén son partícipes. Desde aquí, pido á xente que nos animen, porque cando estás mal é o que precisas. Gustaríame aproveitar para pedir o seu apoio aos xogadores, da mesma maneira que nós sabemos que lle temos que dar á afección motivos para que nos sigan apoiando.

Coñecemento do plantel.

Coñezo aos xogadores a nivel individual moi ben, mesmo a catro deles xa os adestrei, e a marxe de mellora é moi grande. Temos que ir primeiro ás cabezas, saber como están, porque non todos van estar igual. E en todo caso, vémolo todos, o marxe de mellora é moito e a responsabilidade de todos para saír xa desta situación, tamén é moita. O inmediato é gañar un partido e non temos que agardar moito para empezar a curarnos. O domingo xa temos unha oportunidade.

Aportar o seu traballo para este domingo.

Un matiz si, para iso estou. Teño que meterlle matices, pero teño que ser coherente. Hai poucos adestramentos. Hoxe puidemos facer un adestramento en tempo e en intensidade amplo, pero mañá e pasado será menos, porque o partido está moi preto. Verase a miña forma de facer as cousas, sendo coherente co que coñezo, para que o domingo o equipo compita, compita ben e gañe o partido.

Un proxecto ilusionante para Michel Alonso.

O proxecto que máis me gusta, si. Estou moi ilusionado, moi contento de estar aquí, con moitas gañas e sei o que significa defender este escudo. É un reto importante para min, moi importante, e estou moi ilusionado porque sei perfectamente a onde veño. Estou con todas as gañas, tanto eu coma Álvaro.

Recoñecemento a Antón Permuy e Dani Gesto.

Gustaríame recordar a Antón Permuy e a Dani Gesto que estiveron hoxe no adestramento, que onte me axudaron moito a aterrar e que, ademais, o están facendo moi ben cos xuvenís. Estou encantado. Levo aquí nada de tempo e parece que levo un ano. Estou moi contento.

Como mellorar o ataque.

Se empezas polo ataque, hai que pensar ao momento que fas despois para defender, e ao revés, isto é un todo. Non son un cirurxián que toca unha peza e xa está. Teño que tocar todo, estes días con coidado, sabendo que non podo meter moita información aos xogadores. Eles queren ter ferramentas e saber como imos afrontar o partido do domingo. Temos tres días e sei por onde teño que ir.

Pedir o apoio da afección.

Temos que ir ao inmediato. Temos un partido o domingo, que é fóra da casa e se conseguimos os tres puntos, para a semana a xente virá máis animada e xa sería outra historia. Pido apoio á xente, pero son consciente de que á xente tamén hai que darlle. Desde o primeiro momento, que a xente se vaia orgullosa do seu equipo. Que se vexa un equipo que pelexa, que loita, que traballa, que disputa e que xoga ben, para que a xente estea moi orgullosa e nos apoie.

Presenza da canteira no primeiro equipo.

Hai xogadores adestrando no día a día e creo que sería unha irresponsabilidade, pola miña banda, non mirar ao que hai no club. Estou a facelo coa xente que está a traballar, porque sei da súa capacidade, e cos xogadores o mesmo, tanto do xuvenil como do Sigüeiro. Hai xogadores adestrando co primeiro equipo, preocupareime de velos en directo e mirarei para aí.

A que se debe a situación actual do Compos.

Quero ser moi respectuoso co anterior, porque entendo que houbo un traballo, pero non saíron as cousas. A partir de aí, dalgunha maneira, non vou ter nada en conta o que se facía, porque teño a miña forma de facer as cousas e quero aos poucos ilas plasmando. Evidentemente, para algunhas vou necesitar máis tempo, polo que para esta semana teño que dicir poucas cousas, pero que a xente saiba por onde temos que ir. En todo caso, apoiareime en comportamentos do equipo que vexa estes días adestrando, porque hai cousas que xa fan ben.

Pensar no ascenso.

Agora mesmo, o inmediato é gañar un partido. Agardo que o próximo sexa ser o que temos que ser. Agora mesmo, falar de playoff é meternos unha presión que non nos convén, pero espero que nolo volvamos a gañar pronto para falar do obxectivo de principio da tempada. En todo caso, o inmediato é gañar un partido.

Gimnástica de Torrelavega.

Tíñaos vistos xa. Vexo moitos partidos, son un pouco friki. Coñezo a todos os xogadores da Gimnástica e sei onde imos ir.

Petición especial para decembro.

Espero que non e confío en que con estes xogadores imos saír de aí e podamos tirar para arriba. Agardo que non haxa que tomar decisións nese sentido, porque vexo aos xogadores con gañas de reverter a situación e agora temos que darlles unha oportunidade nestes momentos que están mal. É moi sinxelo cando a cousa está ben, pero agora toca, e tócame a min, apoialos e reforzalos, porque o que traballe terá a súa oportunidade.

 

Miguel Fernández deulle a benvida a Michel Alonso.

 

Previo a la presentación de Michel Alonso como nuevo entrenador de la SD Compostela, Miguel Fernández, director de marketing del club, quiso tener palabras de agradecimiento.

Agradecemento para o Colexio Peleteiro por ceder as súas instalacións na xornada de hoxe, nun día tan importante, como foi o primeiro día de Michel. A Manel, Pablo e Cardeñosa polo traballo que fixeron no seu cargo. E, sobre todo, a Manuel Castiñeiras, pola súa labor durante todos estes anos e porque “sempre será parte da nosa familia”.

Do mesmo xeito, explicou como foi o proceso de contratación do novo adestrador. “O club comezou a traballar o domingo nun relevo no banco. Houbo moitos nomes na mesa, houbo moitos ofrecementos e fixéronse algunhas entrevistas. A de Michel era unha das que estaba marcada en vermello e o certo é que, tanto no primeiro momento, con Víctor Pazos, como nunha segunda reunión, cos socios do club e comigo, as sensacións foron moi boas”, relatou.

Neste senso, Miguel destacou que a conexión foi moi rápida, que a maneira de entender o Compostela que ten Michel coincide coa do club, destacou o coñecemento do técnico do fútbol en xeral e do galego en particular e, por último, fixo fincapé na súa capacidade de traballo.

“Unha das claves de Michel é o traballo. Ven con moitas gañas de traballar. Unha das primeiras cousas que nos pediu foi unha mesa nas oficinas para poder dedicarlle moitas horas ao club, o cal é de destacar”, sinalou.

Do mesmo xeito, presentou a Álvaro Cano, do que salientou que o club ten excelentes referencias e non só por Michel.

Por último, destacou tamén a ilusión coa que foi recibida a fichaxe de Michel. “As redes sociais teñen as súas cousas boas e malas, pero o certo é que hai unha unanimidade de que Michel é a persoa ideal para este proxecto, polo que so queda desexarlle a maior das sortes e dicirlle que ten todo o apoio do club para desenvolver o seu traballo”, concluíu.

 

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🌞 Os 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬, os do 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬 🩵🤍🙌 Abertas as inscricións para os Campus de Verán do Compos!✍️ bit.ly/InscribirseCampusXacobeos⚽️ Este verán teremos 2 semanas en Santiago e XA PODES INSCRIBIRTE! 👇👉 Nos próximos días, máis sedes!🤝 Por suposto, agradecémoslle un ano máis a Proxecto Touro - Cobre San Rafael o seu apoio nos #CampusXacobeos!#CampusXacobeos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚽️ Pato Guillén e a SD Compostela separan os seus camiños!Grazas por estas seis tempadas xuntos! Esta sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ bit.ly/GrazasPato ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ Semana de adestramentos👉 O equipo iniciou hoxe a primeira das tres sesións previstas para esta semana! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 Non puido serO Compos caeu na última xornada, na súa visita a @racingcantera, quedando sen posibilidades de playoff 👉 Os nosos terminan a liga en séptimo lugar con 47 puntos 📸 @jtphotograpy ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCantera - Real Racing Club 3️⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.